Desenrolado por coroa.es
Catro anos despóis O Carballiño volve superar a barreira dos 14.000 habitantes no padrón municipal, en concreto alcanzando os 14.075 habitantes según a actualización anual que fai o INE, e que pasará a ser a poboación oficial do Carballiño para o próximo ano, desde o 1 de xaneiro de 2025.
Acontece asi tras un incremento de 107 persoas no padrón municipal do concello do Carballiño, pasando dos 13.968 de 2024 a estes 14:075 habitantes, dos que 6.539 son homes e 7.536 son mulleres, asi que son case mil mulleres máis que homes residindo no municipio carballliñés.
Na comarca, tan so gañan poboación Punxín (+4) e Beariz (+3) quedando o seu padrón muncipal en 755 e 949 habitantes, respectivamente.
O resto dos concellos perden poboación, esta última actualización do padrón anual deixa asi o padrón municipal:
Maside 2743 (-1) Boborás 2199 (-33) San Cristovo de Cea 1989 (-14) O Irixo 1357 (-34) Piñor 1119 (-32) e San Amaro 1039 (-10)
Desta maneira, a poboación oficial da comarca do Carballiño a 1 de xaneiro de 2025 pasa a ser de 26.224 habitantes, son 10 menos que no padrón municipal de 2024.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-incrementa-sua-poboacion-107-no-padron-municipal-e-supera-barreira-dos-14000
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-incrementa-sua-poboacion-107-no-padron-municipal-e-supera-barreira-dos-14000
[3] whatsapp://send?text=O Carballiño incrementa a súa poboación (+107) no padrón municipal e supera a barreira dos 14.000 habitantes. Os concellos da comarca perden 124 habitantes. http://copecarballino.es/novas/o-carballino-incrementa-sua-poboacion-107-no-padron-municipal-e-supera-barreira-dos-14000
[4] https://copecarballino.es/print/68014