Desenrolado por coroa.es
Diante da nova do apedramento sufrido na sede do PSOE do Carballiño, dende o Bloque Nacionalista Galego desta localidade queremos manifestar a nosa máis rotunda repulsa por uns actos vandálicos que tan só amosan a covardía de quen os fai amparándose na noite e o anonimato.
As ideas deben confrontarse nos lugares que a democracia dispón para iso, non con actos violentos que en nada axudan á convivencia pacífica e libre das veciñas e veciños.
Este acto ven amosar, mais unha vez, o resultado dunha forma de facer política que tan só busca o insulto, a falsidade e a mentira como único xeito de confrontar as ideas, ou o que ven ser o mesmo, diante da falla de argumentos políticos o máis sinxelo é acudir á violencia verbal en todos os foros posíbeis coa única intención de provocar crispación, odios e teimas, e con iso que calle na cidadanía a falsa conclusión de que na política todo vale ou que todos os políticos son iguais.
Por tanto, a nosa maior solidariedade coas e cos militantes socialistas, agardando que as ou os responsábeis deste atentado sexan descubertos no menor tempo posíbel.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-bng-contra-intolerancia-e-violencia-e-en-solidariedade-co-psoe-do-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-bng-contra-intolerancia-e-violencia-e-en-solidariedade-co-psoe-do-carballino
[3] whatsapp://send?text=O BNG contra a intolerancia e a violencia, e en solidariedade co PSOE do Carballiño http://copecarballino.es/denunciacidada/o-bng-contra-intolerancia-e-violencia-e-en-solidariedade-co-psoe-do-carballino
[4] https://copecarballino.es/print/68247