Desenrolado por coroa.es
O dato corresponde ao Padrón Continuo deste pasado dia 8 de abril, o concello do Carballiño rexistra 14.758 habitantes, o seu récord histórico de poboación.
Desta maneira, O Carballiño continúa incrementando a súa poboación, seguindo a tendencia dos últimos anos, e consolidándose como o segundo municipio máis poboado da provincia, tras a capital.
No último Padrón anual, que é o dato que fixa a poboación oficial e que se actualiza tan so unha vez ao ano, o dato da poboación carballiñesa foi de 14.089 habitantes, publicado no pasado mes de decembro pero con referencia ao 1 de xaneiro de 2024.
Tendo en conta agora o dato do Padrón Continuo con referencia ao dia 8 de abril de 2025, O Carballño incrementou a súa poboación nos últimos 15 meses en 669 persoas empadroadas,ata alcanzar os 14.758 habitantes.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-alcanza-o-seu-record-historico-de-poboacion-no-padron-continuo-14758-habitantes
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-alcanza-o-seu-record-historico-de-poboacion-no-padron-continuo-14758-habitantes
[3] whatsapp://send?text=O Carballiño alcanza o seu récord histórico de poboación no Padrón Continúo: 14.758 habitantes. http://copecarballino.es/novas/o-carballino-alcanza-o-seu-record-historico-de-poboacion-no-padron-continuo-14758-habitantes
[4] https://copecarballino.es/print/68460