Desenrolado por coroa.es
O Comité Executivo do Partido Popular na provincia de Ourense, baixo a presidencia de Luis Menor, ven de acordar a constitución dunha nova xestora do PP no Carballiño, á fronte da que estará Jaime Pérez Álvarez.
O novo responsable local dos populares, é empresario, e forma parte da agrupación local do PP no Carballiño desde hai 15 anos, e tamén exerceu tempo atrás como concelleiro da Corporación Municipal carballñesa.
Pérez substitúe á fronte dos populares carballiñeses a Argimiro Marnotes, actúal deputado no Parlamento de Galicia.
Na nova xestora do PP do Carballiño, xunto ao novo presidente, figura como secretaria Maria Elvira Torres González, que exerce na actualidade como concelleira de medio ambiente do goberno municipal. Tamén se integran na xestora os outros catro concelleiros que ten o Partido Popular na corporación carballiñesa, Pepe Castro-Gil, Diana González, Lorena Castro e Miguel Fernández.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/jaime-perez-substitue-argimiro-marnotes-como-presidente-da-xunta-xestora-do-partido-popular-no
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/jaime-perez-substitue-argimiro-marnotes-como-presidente-da-xunta-xestora-do-partido-popular-no
[3] whatsapp://send?text=Jaime Pérez substitúe a Argimiro Marnotes como presidente da Xunta Xestora do Partido Popular no Carballiño. http://copecarballino.es/novas/jaime-perez-substitue-argimiro-marnotes-como-presidente-da-xunta-xestora-do-partido-popular-no
[4] https://copecarballino.es/print/68524