Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > Do PSOE de Boborás sobre o calamitoso estado dos accesos a Cardelle, Borraxas e A Fenteira.

23, Abril 2025 [1] [2] [3] [4]

Os socialistas de Boborás alertan do cada vez peor estado desta estrada, que adolece
dunha grave falta de mantemento, máis alá de pequenos remendos puntuais que
non solucionan nada.

O malestar dos veciños e grande, chegando en días pasados a realizar numerosas
pintadas nos puntos máis deteriorados, cun dobre obxetivo, advertir a conductores
que circulan pola zona e a súa vez mostrar o seu cansancio polo lamentable estado
do firme, nelas podiase leer, ´´ Esta carretera pide arreglo ¨.

Non e o único lugar do municipio onde as estradas presentan graves deficiencias,
sendo especialmente preocupante o seu estado en Borraxas, así coma na Fenteira,
ambos na parroquia de Feás,ademais da estrada que vai de Saa a Beresmo.

Os socialistas de Boborás consideran que a estrada e un auténtico perigo para os
conductores, que intentan esquivar as innumerables fochancas, ademais de para os
vehículos, que sofren danos nos neumáticos, suspensión ou amortiguadores entre
outros, podendo ter que o Concello asumir a responsabilidade civil subsidiaria polo
mal estado da vía.

Por todo isto dende o PSdeG-PSOE de Boborás demandan unha reparación integral
da vía que dea resposta as demandas da veciñanza e solventen de xeito definitivo
esta problematica, que co paso do tempo non fai mais que agravarse

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/denunciacidada/do-psoe-de-boboras-sobre-o-calamitoso-estado-dos-accesos-cardelle-borraxas-e-fenteira

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-psoe-de-boboras-sobre-o-calamitoso-estado-dos-accesos-cardelle-borraxas-e-fenteira [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-psoe-de-boboras-sobre-o-calamitoso-estado-dos-accesos-cardelle-borraxas-e-fenteira [3] whatsapp://send?text=Do PSOE de Boborás sobre o calamitoso estado dos accesos a Cardelle, Borraxas e A Fenteira. http://copecarballino.es/denunciacidada/do-psoe-de-boboras-sobre-o-calamitoso-estado-dos-accesos-cardelle-borraxas-e-fenteira [4] https://copecarballino.es/print/68526