Desenrolado por coroa.es
Fai unhas semanas a rúa Tomás María Mosquera estaba por completo ás escuras de noite, xa que no había unha soa farola encendida. Seica alguén debeu tomar nota deste despropósito e procederon a arranxar o problema. Este arranxo non foi do todo satisafactorio, pois ao inicio desta rúa (o cruce da rúa Rosalía de Castro coa Praza Maior) hai unha farola que non funciona deixando as escuras o inicio desta céntrica rúa da nosa vila polo que sería necesario que alguén arranxase este problema. Supoño que a cousa non será grave, pois esta farola debe ter a bombilla fundida. Espero que tras esta petición poidan solventar este problema e devolverlle a esta rúa a súa luminosidade.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/apaga-o-candil-rua-mosquera-escuras
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/apaga-o-candil-rua-mosquera-escuras
[3] whatsapp://send?text=Apaga o candil (a rúa Mosquera ás escuras) http://copecarballino.es/denunciacidada/apaga-o-candil-rua-mosquera-escuras
[4] https://copecarballino.es/print/68532