Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > A Valedora do Pobo recoñece o dereito á documentación municipal "que o alcalde lle nega", afirman desde o PSOE de Leiro.

14, Xullo 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O PSdeG-PSOE de Leiro informa que a Valedora do Pobo vén de responder ao escrito presentado polo grupo municipal socialista, dándolle a razón na súa reclamación de acceso á documentación. As e os socialistas presentaron o pasado 13 de xuño un escrito de queixa por mor da “demora, opacidade e dificultades” postas polo alcalde do municipio, Francisco José Fernández, a hora de facilitar o acceso a expedientes, datos e información solicitados para a fiscalización da súa xestión.

Dende o grupo municipal socialista explican que “non é a primeira vez que nos vemos obrigados a recorrer a Valedora do Pobo ante o bloqueo e as limitacións que o rexedor impón á hora de que accedamos á documentación municipal”. No seu escrito, a Valedora do Pobo considera que o dereito de acceso á información dos concelleiros “é parte esencial do dereito fundamental de participación política, e que o concello de Leiro debe facilitar os accesos a información de forma máis ampla, permitindo o acceso electrónico aos expedientes e non limitándoo unicamente a un día e hora presencial”.

O concelleiro socialista, Manuel Rodríguez Vázquez, lembra que a implantación da administración electrónica “permite que os expedientes se consulten de forma telemática en calquera momento, sen xerar cargas innecesarias, nin escusas para bloquear o control democrático, como se viña producindo ata agora coa limitación de horarios e a falta de notificacións electrónicas”. O pronunciamento recoñece que os concelleiros teñen dereito a un acceso áxil e efectivo á documentación municipal e así exercer a súa función de control e fiscalización, garantindo o principio de transparencia e bo goberno.

“Esta resolución da Valedora do Pobo é unha vitoria de toda a veciñanza de Leiro que quere un concello transparente e accesible”, destaca Manuel Rodríguez. Neste senso tamén subliña que “non pedimos privilexios, pedimos poder exercer os dereitos dos que dispomos para fiscalizar a acción do goberno municipal e garantir o bo uso dos recursos públicos”.

Dende o PSdeG-PSOE de Leiro instan ao alcalde a que acepte de “inmediato” esta suxestión da Valedora do Pobo e implante de forma “efectiva” o acceso electrónico á documentación municipal, poñendo fin ás trabas da labor democrática de control da oposición.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/valedora-do-pobo-reconece-o-dereito-documentacion-municipal-que-o-alcalde-lle-nega-afirman

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/valedora-do-pobo-reconece-o-dereito-documentacion-municipal-que-o-alcalde-lle-nega-afirman [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/valedora-do-pobo-reconece-o-dereito-documentacion-municipal-que-o-alcalde-lle-nega-afirman [3] whatsapp://send?text=A Valedora do Pobo recoñece o dereito á documentación municipal [4] https://copecarballino.es/print/68874