Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O Partido Popular pasa a formar parte do goberno municipal do Irixo presidido pola alcadesa Rosa María Dalama

7, Outubro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Partido Popular do Irixo vén de asumir a tenencia de alcaldía do goberno municipal e tres áreas de xestión, logo do acordo alcanzado coa alcaldesa Rosa María Dalama, que preside a corporación local na compaña de María Dolores Fariñas, ambas como concelleiras non adscritas.

Un pacto que implica o cogoberno popular no Irixo e que ten como obxectivo principal "rematar coa parálise no Concello, dándolle a estabilidade política e de xestión que nunca tivo desde o inicio do mandato", subliña o portavoz popular Manuel Cerdeira A concelleira popular María José Villanueva asume a Tenencia de Alcaldía, ademais da responsabilidade na área de Cultura. Mentres, a concellería de Medio Rural recae sobre José Manuel Nogueira, mentres que Manuel Cerdeira, atende as competencias de Emprego.

Nas próximas semanas concretarase unha cuarta área de goberno para o grupo municipal popular. O portavoz do grupo popular lembra que o PP non alcanzou a maioría absoluta nas eleccións locais de 2023 por tan só vinte votos, "facéndonos cargo do goberno local en minoría, como forza máis votada e por responsabilidade diante da veciñanza". Dous meses e medio despois a oposición asinou unha moción de censura que apartou ao PP das responsabilidades de goberno, "e todo para abrir unha escura e triste etapa política no Irixo que levou ao Concello á parálise".

Agora, o goberno local está dirixido por un "amplo equipo de persoas que coincidimos en querer deixar atrás os enfrontamentos políticos e traballar para o benestar da veciñanza". A aprobación dos orzamentos municipais e dos plans de obras "demostran que estamos nese camiño".

Manuel Cerdeira destaca ademais que, neste momento, o Partido Popular é a única formación política que goberna no Irixo, en tanto que a alcaldesa Rosa María Dalama e a concelleira María Dolores Fariñas -antes no PSOE- e o edil Juan Manuel Villanueva, ex concelleiro de Xuntos polo Irixo, forman parte dos non adscritos. Esta última formación, agora na oposición, só ten dous representantes.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-partido-popular-pasa-formar-parte-do-goberno-municipal-do-irixo-presidido-pola-alcadesa-rosa

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-pasa-formar-parte-do-goberno-municipal-do-irixo-presidido-pola-alcadesa-rosa [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-pasa-formar-parte-do-goberno-municipal-do-irixo-presidido-pola-alcadesa-rosa [3] whatsapp://send?text=O Partido Popular pasa a formar parte do goberno municipal do Irixo presidido pola alcadesa Rosa María Dalama http://copecarballino.es/novas/o-partido-popular-pasa-formar-parte-do-goberno-municipal-do-irixo-presidido-pola-alcadesa-rosa [4] https://copecarballino.es/print/69193