Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O Obradoiro de emprego para persoas moza finaliza un ano de actividade formativa e práctica nos concellos do Carballiño, Maside e Boborás.

14, Outubro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O salón de plenos do Concello do Carballiño acolleu a entrega de diplomas dos participantes no Obradoiro de Emprego para persoas mozas Carbomas 2025.

O programa, impulsado pola Xunta e levado a cabo no Carballiño, Maside e Boborás, formou a un total de 16 alumnos e alumnas menores de 30 anos en carpintaría e xardinaría.

“O obxectivo deste obradoiro foi mellorar a empregabilidade dos participantes e impulsar a súa formación ofrecéndolles ferramentas reais para a inclusión no mercado laboral”, detallou Diana González, concelleira de Comercio.

O alumnado recibiu formación teórica e práctica, e levou a cabo diversos traballos de xardinaría e carpintaría nos tres municipios. “Noraboa polo esforzo, dedicación e compromiso”, resaltou González. A edila entregou os diplomas acompañada de Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta en Ourense; Marta Vázquez, directora territorial da Consellería de Emprego; Rosi Pérez, concelleira de Boborás; Manuel Iglesias, alcalde de Maside, e Manuel Dacal, concelleiro de Turismo e Industria do Carballiño.

“As habilidades que adquiristes axudaranvos a afrontar o voso futuro laboral”, sinalou Manuel Pardo. Pola súa parte, Manuel Dacal puxo en valor o traballo do alumnado e animounos a aproveitar as oportunidades laborais.

Un ano de formación e prácticas

O Obradoiro de Emprego finalizou hoxe despois dun ano de formación combinada con prácticas. “Realizaron distintas actividades laborais nos tres concellos.

No Carbaliño, rehabilitouse o paseo da Toscaña e creouse o xardín aromático da Piscifactoría, onde ademais da plantación de novas especies, colocouse un reloxo solar”, detalla David Lozano, director do Obradoiro.

En Maside, realizáronse traballos de carpintaría e xardinaría no Pozo do Lago e tamén se arranxaron todos os xardines da zona da piscina municipal. Por último, en Boborás realizouse un parque infantil para desfrute dos máis pequenos.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-obradoiro-de-emprego-para-persoas-moza-finaliza-un-ano-de-actividade-formativa-e-practica

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-obradoiro-de-emprego-para-persoas-moza-finaliza-un-ano-de-actividade-formativa-e-practica [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-obradoiro-de-emprego-para-persoas-moza-finaliza-un-ano-de-actividade-formativa-e-practica [3] whatsapp://send?text=O Obradoiro de emprego para persoas moza finaliza un ano de actividade formativa e práctica nos concellos do Carballiño, Maside e Boborás. http://copecarballino.es/novas/o-obradoiro-de-emprego-para-persoas-moza-finaliza-un-ano-de-actividade-formativa-e-practica [4] https://copecarballino.es/print/69217