Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O Concello do Carballiño convocará prazas por mobilidade de Policía Local para reforzar o cadro de persoal

9, Febreiro 2026 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello do Carballiño vén de renovar o convenio de colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) despois da ratificación no pleno da pasada semana.

“Este convenio é moi importante, permítenos coller prazas de policía, de auxiliar de policía ou mesmo convocar prazas por mobilidade”, explica Alberto Otero, concelleiro de Persoal, Seguridade e Emerxencias.

A colaboración coa AGASP permite reforzar o cadro de persoal da Policía Local, así como manter a quenda nocturna dos axentes. O Carballiño é a única vila da provincia na que a Policía Local traballa tamén durante as noites, o que se traduce nunha maior seguridade para toda a veciñanza. “Só a cidade e O Carballiño teñen Policía Local activa as 24 horas do día para maior tranquilidade da poboación da vila”, asegura.

Os axentes realizan tarefas de vixilancia nocturna polas rúas, así como intervencións en caso de accidentes viais ou chamadas de alerta. “É moito máis eficaz e rápido ter á nosa Policía activa que ter que depender doutros corpos de seguridade, como é o caso do resto de vilas da provincia”, resalta Otero.

A Concellería de Emerxencias, a través do convenio, solicitará nos próximos días á AGASP convocar prazas por mobilidade para reforzar a Xefatura. “Agora mesmo temos varias baixas entre os axentes e para nós é prioritario cubrilas canto antes”, resalta o edil.

Do mesmo xeito, o convenio tamén permitirá axilizar o proceso selectivo de dúas prazas de oficial de Policía, vacantes por xubilación do persoal.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-convocara-prazas-por-mobilidade-de-policia-local-para-reforzar-o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-convocara-prazas-por-mobilidade-de-policia-local-para-reforzar-o [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-convocara-prazas-por-mobilidade-de-policia-local-para-reforzar-o [3] whatsapp://send?text=O Concello do Carballiño convocará prazas por mobilidade de Policía Local para reforzar o cadro de persoal http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-convocara-prazas-por-mobilidade-de-policia-local-para-reforzar-o [4] https://copecarballino.es/print/69723