Desenrolado por coroa.es
Hoxe á tarde ó pasar pola rúa Principal do Carballiño máis ou menos á
altura do Casino chegoume un cheiro bastante forte a gas. Pensando nun
principio que podía tratarse dunha fuga de gas ó final descubrín que o
causante deste cheiro era unha camioneta desas que se adican ó transporte de
gas a cal estaba aparcada á altura do banco BVA. Eu non sei se a presenza
desta camioneta na rúa Principal se debeu a existencia dunha fuga de gas ou
a encher os depósitos de gas a algunha casa. Sea cal fora o motivo polo cal
esta furgoneta se personou na rúa Principal, penso que se debían tomar
medidas para impedir que houbese fugas de gas no Carballiño revisando as
canalizacións de gas e que as descargas de gas dende estas furgonetas de
reparto ata as casas para que non desprendan cheiros tan fortes que causen
alarma entre os veciños como xa pasou fai unhas semanas na rúa Uruguay e na
mesma rúa Principal.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/fuga-de-gas-na-rua-principal
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/fuga-de-gas-na-rua-principal
[3] whatsapp://send?text=¿Fuga de gas na rúa principal? http://copecarballino.es/denunciacidada/fuga-de-gas-na-rua-principal
[4] http://copecarballino.es/print/41348