Portada

Os portavoces de PSOE e BNG, así como o Alcalde do Carballiño, do Partido Popular, fixeron un chamamento dirixido a toda a cidadanía para que acuda masivamente á concentración-manifestación contra a incineradora do Irixo, convocada para este domingo ás 12 do mediodia na Praza Maior.
Un numeroso grupo de veciños achegouse atá a casa do concello para facer entrega no rexistro municipal de diversa documentación desfavorable á incineración de residuos e conseguiron trasladar a súa inquietude ao Alcalde Manuel Penedo, que os recibíu no seu despacho.
O madrugador pleno da Corporación de Boborás, convocado ás 8 da mañá,  non ofreceu sorpresas. O grupo de goberno do Partido Popular respaldou sen fisuras e de forma unánime a postura que ven mantendo o Alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, que non ve motivos para opoñerse a instalación da incineradora no Irixo.
Representantes das asociacións integradas na Plataforma Incineradora Non fixeron un chamamento á poboación para que apoie masivamente a manifestación convocada para o vindeiro domingo no Carballiño contra a instalación da incineradora de lixo no Irixo.
Foi no transcurso dunha comparecencia ante os medios de comunicación onde José Luis Baltar anunciou a súa renuncia aos cargos institucionais que ocupa "é o momento de deixalo", manifestou quen durante os últimos 22 anos presidíu a Deputación de Ourense.
Os Concelleiros e Concelleiras dos 3 grupos políticos da Corporación Municipal do Carballiño acudirán  á concentración convocada pola Plataforma Incineradora Non.
As cifras do paro do pasado mes de decembro de 2011deixan un novo record histórico tanto no conxunto dos concellos da Comarca, como no municipio do Carballiño. Un total de 2.462 traballadores están inscritos como demandantes de emprego, o que siñifica o pior dato comarcal desde que se realiza esta estatística oficial.

Deportes

Tivo que sufrir o Arenteiro ante o Monterrei para sumar os 3 puntos en Espiñedo. Ao final, un gol de Iglesias  resolveu un partido no que o mellor para o equipo carballiñés foi o resultado, unha sufrida victoria que permite ao Arenteiro seguir no pelotón de cabeza da liga na 1ª autonómica. No Arenteiro debutou Kennedy.
O xogador nixeriano, afincado en Vigo, regresa asi unhos meses despois á disciplina do Arenteiro, no que militou na última tempada, sendo o máximo goleador do equipo.