Nace a Plataforma veciñal en contra da pranta de compostaxe das Fontaíñas

Data: 
31/8/2010
Recollida de sinaturas contra a planta de compostaxe

A recentemente creada plataforma contra a Planta de Compost esixe a inmediata paralización das obras da pranta de compostaxe que se está a construír no lugar das Fontaíñas, no concello de Cea. Do mesmo xeito, esixen unha explicación por parte do alcalde de Cea e da Consellería de Medio Ambiente sobre as repercusións deste proxecto nos acuíferos, nos terreos colindantes e nas poboacións próximas pertencentes ós concellos de Maside, O Carballiño e Cea. O BNG e o PSOE de O Carballiño presentaban no día de onte unha moción conxunta a prol da paralización de dita pranta e hoxe o alcalde de O Carballiño, Carlos Montes, anunciaba a convocatoria dun pleno extraordinario de urxencia para o mércores día 1 de setembro ás 21:00 horas, así como tamén o fará o concello de Maside no día de mañá. 

O PSOE e o BNG de O Carballiño esixen a paralización inmediata das obras da pranta de compostaxe en Fontaíñas

en
Data: 
30/8/2010

O PSOE da comarca de O Carballiño esixe a paralización da execución da pranta de compostaxe que se está a construír na localidade de Fontaíñas, no concello de Cea, e solidarízanse cos veciños afectados por este proxecto. Os socialistas esixen, ademais, unha resposta por parte do alcalde de Cea, ao recoñecer nunhas declaracións que non tiña ningún coñecemento de que se estivesen realizando obras no lugar onde se ubicará a pranta. Sen embargo, xa hai dous meses que se está a traballar en ditas obras, e según o PSOE comarcal de O Carballiño, o concello de Cea deulle o visto bo a este proxecto o pasado mes de maio a sabendas de que afectaba directamente ós concellos de O Carballiño, Maside e Cea. Resulta sospeitoso, según o PSOE, que o "Proxecto de zona de maduración de compostaxe e nave de almacén", que é así como se denomina a pranta, fose redactado por unha concelleira do PP de Cea, a cal votou a favor da súa instalación en Fontaíñas. Todos estes interrogantes, según o PSOE, deberán ser explicados polo alcalde de Cea e polo Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o cal foi o principal opositor da construcción dun Parque Empresarial Medioambiental no Riberio, que non contemplaba nin residuos urbanos nin queimas, e agora aproba a tramitación dunha pranta de compostaxe.

Ilusionante victoria do C.D Arenteiro por 2-0 ante A Peroxa

Data: 
30/8/2010
Ambiente en Espiñedo
O incerto novo proxecto do C.D Arenteiro comezaba a tempada con tres puntos e o segundo posto momentáneo na clasificación, pouco máis se lle pode pedir á primeira xornada do campionato. En canto ó encontro, pouco que resaltar dun partido cativeiro xogado baixo un sol de xustiza. A victoria carballiñesa consolidábase na segunda parte cando Iago conquería o primeiro gol no minuto 67. O definitivo 2-0 sería obra do capitán Marcos Castro no minuto 81, un sobervio gol que finiquitaba un partido no que os de Mindo mandaron de principio a fin e non tiveron excesivos atrancos para doblegar a un debutante A Peroxa certamente limitado. Non moito máis sobrado está tampouco o C.D Arenteiro que terá que mellorar moito para evitar complicacións de cara a salvar a categoría, en todo caso seguimos agardando que poida chegar algunha fichaxe máis nos vindeiros días para seguir sumando.

"A Mañá de Cope" emite desde Leiro o seu programa de radio con motivo da XXI edición da Festa da Vendima

en
Data: 
27/8/2010
O alcalde de Leiro na súa intervención no programa

(Redacción. Rocío Campos) Situado no corazón do Ribeiro, a tan so 10 km do Carballiño e de Ribadavia atópase o concello de Leiro e ata alí trasladáronse os micrófonos da Cope con motivo da XXI edición da Festa da Vendima que se celebra o vindeiro domingo 29 de agosto. O seu alcalde, Francisco José Fernández, aseguraba que se por algo se coñece Leiro é polo seu viño. Pero no so o viño é importante neste concello, senón que o eslogan fai mención a outras dúas xoias "Leiro terra de pedra, auga  e viño".  Pedra referida á da Perna Corneira e das grandes obras arquitectónicas como o Mosteiro de Clodio e a ponte romana, a auga do río Avia e do balneario de Berán e por suposto, o famoso viño do Ribeiro. Foi en Leiro onde se formou a primeira cooperativa de viño. Pero o alcalde tamén tivo ocasión de falar dos diferentes temas municipais que afectan ó concello. Un deles, o balneario de Berán onde o concello está a traballar na súa posta en funcionamento, neste caso parada por un problema de tipo económico debido á profunda crise, aínda que xa existen tres empresas interesadas na súa posta en funcionamento e no hotel. Pero este non é o único problema, xa que algún membro da entidade local de Berán, así como algún veciño, están a poñer continuas trabas. Outro dos proxectos que se levaron a cabo nos últimos meses foi a remodelación da Praza do Cruceiro, onde "a maioría dos veciños están encantados co resultado final", anunciaba o alcalde. Non tanto o están os membros da oposición, que o xoves presentaban unha moción onde denunciaban graves deficiencias na remodelada praza, onde o piso non é uniforme a pesar dos 300.000 euros investidos. Outro dos temas tratados foi o traslado da biblioteca municipal ó Centro Social, e nas mesmas instalacións da biblioteca, gracias a unha subvención recibida, albergarán as oficinas de atención ó cliente para favorecer o acceso ás persoas maiores.

Maside prepárase para celebrar as súas festas na honra do San Vitorio

en
Data: 
25/8/2010
Maside celebra as súas festas do San Vitorio cun programa de tres días que se abrirá este venres. Pero desde o día 21 son moitas as actividades culturais que se veñen celebrando nesta vila, como a tradicional Festa do Cabalo. As actividades previstas para o mércores 25 corren a cargo da obra de teatro "A familia do Pindirico" que terá lugar ás 19:30 horas na Praza Julio Rodríguez Soto e a exhibición da película "Ace Age 3" ás 22:00 horas na Praza Maior.

Cea ultima os preparativos para o Festival Internacional de Orquestras que se celebrará os días 3,4 e 5 de setembro

en
Data: 
24/8/2010

(Redacción. Rocío Campos) O I Festival Internacional de Orquestras de Galicia (FIOU), organizado polo Xacobeo 2010, levará durante os días 3, 4 e 5 de setembro ó concello de Cea a formacións musicais de distintos puntos do mundo que participarán nun evento novidoso co baile como protagonista. O innovador proxecto pretende convertir a Cea no escaparate das mellores orquestras a nivel mundial. Desta maneira, o evento, acollerá orquestras de distintos tipos e procedencias, ata un total de 11, entre as que se encontran a Orchestre National de Barbès (Francia), a Billo's Caracas Boys (Venezuela), Roy Paci & Aretuska (Italia) e as galegas Sintonía de Vigo e Olympus, entre outras. Paralelamente ó evento musical, a festa complétase con outras actividades como unha exposición sobre a historia das orquestras de baile en Galicia que estará distribuida pola localidade de Cea, un mercado popular e coloquios, así como un aparcamento e zona de acampada libre de case 10.000 m2 e 408 prazas. Os interesados pódense apuntar enviando a folla de inscripción que se atopa na propia páxina web do concello.

O concello de Beariz ven de facer público o fallo do Concurso Literario 2010

en
Data: 
24/8/2010

O Concello de Beariz procedeu ó fallo do "Concurso Literario 2010" que se enmarca dentro da programación cultural do verán. O primeiro premio, cunha dotación económica de 550 euros, concedeúselle a un veciño de Torrejón de Ardoz, pola súa obra "Un espejo ovalado". O segundo premio, de 350 euros recaeu nun veciño de Sevilla e o terceiro, de 250 euros foi parar ás mans dun veciño de Beariz. Dende o concello tamén se presentou  a edición nº 20 da súa revista cultural "O Quince". A revista cunha tirada de 1000 exemplares edítase anualmente pola Comisión de Cultura do Concello de Beariz. Un ano máis intentaron mergullarse na cultura da xente do pobo, debido o especial interese que estes temas despertan sobre aquelas persoas ás que se lle solicita algún tipo de coloboración ou que por iniciativa propia presentan os seus traballos para que sexan incluídos na revista. Pero esta non foi a única presentación que se fixo durante os últimos días no Concello de Beariz. Unha exposición de pintura, de María Ofir Janeiro Ramos, e outra de escultura, de Juan Manuel Paz son outras actividades que se presentaron e que se encontran dentro da programación do verán cultural do concello. As esculturas expostas son da súa serie de inspiración medieval e están elaboradas en diferentes tamaños e materiais. A exposición estará aberta os días lectivos en horario de mañán na casa do Concello de Beariz ata o día 31 de agosto.

A Asociación de Comerciantes de O Carballiño concede o "Premio Azougue 2010" á empresa "Frigoríficos Florindo e Hijos S.L"

Data: 
23/8/2010
Presentación do Premio Azougue
A quinta festa da Asociación de Comerciantes e Empresarios de O Carballiño, terá como protagonista este ano a empresa "Frigoríficos Florindo e Hijos S.L." que recibirá o "Premio Azougue 2010". O premio recoñece a traxectoria profesional da empresa que foi fundada en Arcos hai preto de 50 anos por Florindo González Otero e que segue en mans dos seus fillos, Floro e Suso. A empresa cumpre cos requisitos axeitados para recibir dito galardón pola súa antigüidade, o alto número de empregos directos que ofrece e o alto grao de internacionalización con presencia en diferentes países como Chile, China, Japón, Malasia e Estados Unidos, e que según anunciaba Adolfo Nogueira, con "perspectiva de seguir crecendo"  O premio entregarase o vindeiro 3 de setembro nunha cea que se celebrará no restaurante O Pote. O prezo da entrada terá un custo de 20 euros e poderase adquirir en diferentes establecementos de O Carballiño, na Confitería Cerviño, en Establecementos Celta, en Hipercalzados e na Sastrería Pájaro. Manolo Blanco facía unha petición a tódolos comerciantes que asistan, "de levar un obsequio á dita cena".

A XXIII edición da Festa do Cabalo de Maside protagoniza "A Mañá de Cope"

en
Data: 
20/8/2010

(Redacción. Rocío Campos) O vindeiro 22 de agosto celébrase en Maside a XXIII edición da Festa do Cabalo. Trátase dun concello que sempre tivo unha gran relación co cabalo, debido primordialmente á súa situación, nun cruce de camiños, por iso tal vez, houbo tantos arrieiros e comerciantes que enriba de mulas ou cabalos percorrían a nosa comunidade levando viño do Ribeiro ás vilas máis alonxadas de Galicia, das que a cambio traían xamóns e diferentes obxectos. Pero non so iso, senón que Maside tamén é terra de tratantes de gando ou feirantes que coa súa gorra, chaqueta negra e tixolas recorrían Galicia nas súas bestas en busca do mellor gando. Os descendentes dos antigos arrieiros gardaron sempre un gran cariño a dito animal e por iso, no ano 1988 decidiron organizar a I Festa do Cabalo de Maside, na paraxe natural do Puzo do Lago. Unha festa que non so desperta interese a nivel rexional ou autonómico, senón tamén nacional e internacional, a Festa do Cabalo de Maside é a festa cabalar continuada máis antiga que se celebra en toda Galicia. Os cabalos convértense durante un día nos auténticos protagonistas das máis diversas probas, as cales a organización intenta variar e innovar ano tras ano.

As Festas do Setembro quédanse este ano sen concertos

Data: 
20/8/2010
Presentación das festas

(Redacción. Rocío Campos) A Casa do Concello acolleu o acto de presentación da programación das Festas do San Cibrao que se celebrarán do 14 o 19 de setembro no Carballiño. A gran aposta deste ano serán as orquestras, en lugar dos concertos que ata este ano eran o sinal de identidade dos festexos. Pero a actuación das mellores orquestras de Galicia non será a única novidade para este ano, senón que tamén apostan pola animación diaria con diferentes charangas, bandas de música, gaiteiros e actividades para os máis cativos. Previa á celebración dos festexos, o día 11 e 12 de setembro terá lugar o festival "Likorkafest 2010" coa actuación de diferentes grupos locais noveis de rock e rap na Praza das Monxas.