Desenrolado por coroa.es
Hoxe quixen facer unha consulta na páxina web do concello do Carballiño e
pasmado e coa boca aberta me quedei cando ó entrar na devandita páxina do
concello me atopo que esta páxina foi pirateada por hackers musulmans quenes
tiveron a desfachatez de modificar a páxina web do concello poñendo unha
foto dunha mezquita turca así como varios textos en inglés: un co nome dos
piratas informáticos que hackearon a páxina web do concello do carballiño,
un texto que sinalaba que pirateaban polo Islam e por Turquía e por último
e para colmo puxeron na pirateada páxina web do concello un E-Mail de
contacto para contactar con eles e a dirección dunha páxina web turca que
acolle varios foros de debate. Eu non sei dende cando hackearon estes piratas
informáticos a páxina web do concello, se dende esta institución municipal
se presentou a pertinente denuncia na Garda Civil e sobre todo se pensan
dende o consistorio carballiñés arranxar a súa páxina web e tomar medidas
para evitar novos ataques de hackers. Respondan señores Montes e Amil.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/páxina-web-do-concello-do-carballiño-atacada-por-hackers-musulmáns
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/páxina-web-do-concello-do-carballiño-atacada-por-hackers-musulmáns
[3] whatsapp://send?text=A páxina Web do Concello do Carballiño atacada por hackers musulmáns http://copecarballino.es/denunciacidada/páxina-web-do-concello-do-carballiño-atacada-por-hackers-musulmáns
[4] http://copecarballino.es/print/41353