Desenrolado por coroa.es
Unha vez máis, os veciños desta avenida, sufrimos este domingo, a iso das
09:00 da mañá, unha nova inundación das nosas vivendas. Xa que desde que
se fixeron as obras famosas, cada vez que chove, MOITO OU POUCO,esta rúa
queda totalmente inundada e chea de terra e lixo. A solución nesta vez foi
colocar unhas cintas co fin de impedir que os coches pasaran e perxudicar
aínda máis ós veciños, pero a falta de civismo fixo que as romperan
varias veces, facendo caso omiso das mesmas. A parte diso (que parece que
algo lles importamos), teñen pensado tomar medidas co responsable de que se
encha todo de terra, e atasque o alcantarillado?,(que todos sabemos quen é),
e teñen pensado tomar medidas co responsable das obras? xa que moito falar
de depuradoras e logo permítese que nunha obra de reurbanización dunha vila
como o Carballiño, non se separen as augas fecais das augas pluviais, como
se debería facer. Por favor ,que alguén nos axude a poder vivir tranquilos
, xa que cada vez que chove temos que estar preparados para que non se nos
enchan as casas de lixo e de auga.Non é necesario ver nas noticias riadas e
inundacións, xa que as temos aquí veciños na avenida de Compostela.Por
favor, que alguén dé as instruccións para que se proceda a limpar a rúa e
as aceras de barro e lixo cada vez que se inunda isto, xa que da noxo pasar e
logo métese todo nas casas.E agora a pagar a contribución, tendo que vivir
así, cheos de suciedade e temendo que se che inunde todo.Que nos digan, por
favor, que van a arranxar esta desfeita, aínda que sexa unha mentiriña
electoral. GRAZAS.
Imaxe:
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sos-avenida-de-compostela
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sos-avenida-de-compostela
[3] whatsapp://send?text=SOS Avenida de Compostela http://copecarballino.es/denunciacidada/sos-avenida-de-compostela
[4] http://copecarballino.es/print/41459