Desenrolado por coroa.es
Nestes días o Casino do Carballiño anda revolto por culpa da elección
dunha nova xunta directiva. Por desgraza estas eleccións se lles está dando
un marcado cariz político xa que nas semanas previas a un servidor uns
socios de clarisima filiación PP dixeronme non votes a tal candidatura pois
son do Bloque e non convén votalos, por outra banda outros socios de
clarisima orentación do PSOE dixeronme no votes a esta candidatura pois son
do PP. Pareceme unha aunténtica vergonza que se estean facendo este tipo de
manobras tan baixas e rastreiras para escoller unha xunta directiva dunha
asociación cultural e que se esten tratando de manipular políticamente por
parte de certos membros de certos partidos políticos xa que segun o meu
xeito de ver unha asociación debe de estar á marxe da política. Como socio
sinto tristeza e mágoa por como se estan levando estas eleccións que
demostra ó interés de certo partido político por controlar as asociacións
culturais da nosa vila xa que ata onde eu sei unha candidatura que se
presentaba para acceder á xunta directiva esta integrada por persoas afins a
certo partido de tendencias conservadoras. Por certo saben a quen votei: a
quen me deu a gana á marxe da política
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/eleccións-no-casino-do-carballiño
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/eleccións-no-casino-do-carballiño
[3] whatsapp://send?text=As eleccións no Casino do Carballiño http://copecarballino.es/denunciacidada/eleccións-no-casino-do-carballiño
[4] http://copecarballino.es/print/41483