Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Transporte de Bó dia familia

27, Xuño 2013 [1] [2] [3] [4]

Dende a ANPA A Uceira e o CEIP Calvo Sotelo e atendendo ás últimas novas que se están a

dar en torno ao futuro do servizo de “Bo dia Familia” que dende hai anos ven prestando o

Concello do Carballiño co fin de dar soporte a familias con dificultades para conciliar o seu

horario laboral co horario escolar dos seus fillos, vémonos na obriga de sair ao paso para aclarar

unha serie de circunstancias a este respecto e evitar así calquer posible confusión.

1. O citado servizo de “Bo dia Familia”, antes coñecido como “Familias Madrugadoras” leva

funcionando varios anos no noso municipio e foi xestionado dende sempre polo propio

concello carballiñés, promotor da idea, co fin de facilitar a vida a moitas familias, tendo en

conta especialmente o complicado horario dun centro como o noso onde as clases

comezan ás 10.15 da mañán.

2. Nin o colexio da Uceira nin a Asociación de Nais e Pais do mesmo nome desempeñaron

nunca ningunha función na súa xestión, algo lóxico tendo en conta entre outras razóns que

a él acuden rapaces de centros diferentes ao noso (Sagrado Corazón, Vila do Arenteiro ..)

3. Ante a problemática xurdida en torno ao transporte de “Bo dia Familia”, é convinte aclarar

que en ningún caso ten nada que ver co transporte escolar ordinario, xestionado pola

Concellería de Educación e cuxas rutas non poden ser alteradas dende o centro, a

diferencia do transporte desta actividade que é competencia única e exclusivamente do

Concello.

4. É tamén importante aclarar aos pais de alumnos deste centro que ao igual que en todos os

de carácter público, tanto o domicilio que se fai constar na documentación da matrícula,

como a parada de autobús, como a dereito a comedor están directamente vinculados entre

sí, e calquer modificación nalgún destes pode afectar aos outros, ocasionado incluso a

perda de algún destes dereitos previamente adquiridos. Neste caso é a Xunta de Galicia

quen dicta a norma e o colexio o único que pode e debe facer é acatala e en ningún caso

animar a que se infrinxa.

5. Tanto o centro como a directiva da ANPA están á enteira disposición de todos os pais e

nais que poidan ter dúbidas ao respecto deste asunto

En conclusión, queremos deixar claro que o funcionamento ou continuidade do servizo de “Bó

dia Familia” en ningún caso ten nada que ver co centro ou coa asociación e é única e

exclusivamente responsabilidade do Concello do Carballiño e da súa área de Servizos Sociais.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/transporte-de-bo-dia-familia

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/transporte-de-bo-dia-familia [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/transporte-de-bo-dia-familia [3] whatsapp://send?text=Transporte de Bó dia familia http://copecarballino.es/denunciacidada/transporte-de-bo-dia-familia [4] http://copecarballino.es/print/41733