Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Do PSdG sobre o acceso ó colexio da Uceira

7, Outubro 2013 [1] [2] [3] [4]

A pouca querencia do Partido Popular polo ensino público é de sobra coñecida e bastan para atestígualo exemplos como a atroz Lei Wert, que entre outras cousas, divide aos estudantes entre os que teñen cartos na conta corrente e o resto, ou o decretazo de comedores da Xunta de Galicia que vulnera de forma clara os dereitos de moitos nenos e nenas transportados aos que non lle deixa máis opción que pagar por un servizo que ata o de agora era gratuíto, sendo especialmente grave o feito nalgúns centros do noso concello.

       Aquí, a nivel local, o goberno de Argimiro Marnotes non se quere quedar atrás nesta misión de rematar coa educación pública e temos tamén mostras ,como a suba dun 1800 % do servizo de Familias Madrugadoras ou a promesa incumprida da construcción dunha segunda Galiña Azul, a pesares da lista de espera que hai para elo.

    Así e todo, como se di habitualmente, unha imaxe vale máis que mil palabras, e o aspecto que presenta o firme da entrada ao colexio da Uceira fala ás claras do escaso interese que ten o goberno de Argimiro Marnotes por preservar unha instalación da que fan uso máis de 500 alumnos/as cada día.

    Os baches, os charcos, os muros caídos, esa é a desoladora imaxe máis propia dun país de posguerra e coa que conviven  a diario os pais e nais que levan aos seus nenos/as ata o centro e aos conductores dos autobuses que realizan o transporte escolar.

    Aínda que, cecais, o máis grave é que todo o alumnado atravesa esa zona para baixarse e subirse ao seu correspondente transporte.

     O Grupo Municipal Socialista esixe ao goberno municipal que poña fin a esta insostible situación. Xa é hora de esixirlle a responsabilidade necesaria a este goberno inoperante que estamos a sufrir. Hai que tomar medidas urxentes antes de que teñamos que lamentar algún incidente, xa que despois as excusas non valen para nada.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/do-psdg-sobre-o-acceso-%C3%B3-colexio-da-uceira

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-psdg-sobre-o-acceso-ó-colexio-da-uceira [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-psdg-sobre-o-acceso-ó-colexio-da-uceira [3] whatsapp://send?text=Do PSdG sobre o acceso ó colexio da Uceira http://copecarballino.es/denunciacidada/do-psdg-sobre-o-acceso-ó-colexio-da-uceira [4] http://copecarballino.es/print/41789