Desenrolado por coroa.es
Feliz Nadal a todos. Especialmente ó noso Alcalde ,que empeñado en
facer obras que ninguén pide, incluso que os veciños non queren, fai. Que
sabendo dos problemas que hai no pobo fai que non se entera e adorna por riba
sabendo que por baixo está todo podre , vello e roto.Que sabendo que antes
hai que sanear se empeña en maquillar.Que sabendo que hoxe viña un temporal
,non tomou ningunha medida para evitar que os coches pasaran pola avenida de
compostela (tramo rua Piñor) e salpiquen de merda e terra as casas...Fai
tempo que se sofre este problema e non fan nada. Sentimos ser pesados pero
parece mentira que se gasten cartos en tonterias e logo digan que non hai
cartos para arranxar os verdadeiros problemas.O Carballiño é máis que un
radio de 300 metros arredor do concello.Fai tempo que se sabe que o problema
de que se atranque a rede de sumidoiros e tuberias comenza nos eólicos da
Uceira e non fan nada para desviar a cantidade de auga que chea de terra
baixa ata o centro .Unha curiosidade : Pasando pola Uceira podese ver que
andiveron facendo fai pouco movementos de terra na zona dos eólicos e mira
ti por onde inundase a Avda.de Compostela e queda che a de terra procedente
de.......Non hai forma de , sin gastar moito, desviar por tramos o caudal que
ven dende a Uceira e así non perxudique a ninguén ? Polo menos desvien a
auga dos eólicos.Por favor fagan a proba Mellor que maquillarse é estar
sáns por dentro, e esto non o fan porque non se ve. Seguen adornando por
riba sen arreglar por baixo e así nos vai. Oxe ,día de Noite Boa mentras
todos andan de festa, alguns miraremos ó ceo rezando para que non choba e
poder estar tranquilos. FELIZ NADAL A TODOS E GRACIAS.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/inundacions-na-avda-de-compostela
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/inundacions-na-avda-de-compostela
[3] whatsapp://send?text=Inundacións na Avda. de Compostela http://copecarballino.es/denunciacidada/inundacions-na-avda-de-compostela
[4] http://copecarballino.es/print/41825