Desenrolado por coroa.es
Hoxe escoitando a Cope tiven que sufrir o espectáculo bochornoso do
portavoz do grupo socialista do Carballiño. Falaba de verbas como
"renovación", "actitude de servizo", que según el debería rexir ó
político, etc... Preciosas verbas, pero carentes de sentido no seu caso.
Porque acaso esquece que él leva vinte anos nesto da política. Acaso
esquece que leva aproveitándose de postos de libre designación (a dedo).
Acaso esquece que levaba nas súas listas xente como a dona do pachi, cuxa
única aptitude é iso, ser a dona do pachi. Acaso esquece que esta persoa é
a presunta responsable do canicidio da canceira pública e do desvío de
250.000 euros que foron concedidos pola consellería da que era titular o seu
esposo, cartos que non foron adicados aos fins sinalados. Acaso esquece que
levaba na súa lista confeccionada por él a outra vella gloria do rancio
pachismo, o señor Dacal, sobre o cal hai moitisimas sospeitas de presunto
delito continuado de prevaricación ¿Pero qué nos está contando este
presunto lider do socialismo do Carballiño? ¿Qué senso teñen para él as
verbas renovación e limpeza democrática? No único que coincido co il é
que xa estamos fartos da clase política, o cal o inclue. E no seu caso,
produce máis noxo e rexeitamento. Polo cinismo co que trata verbas tan
inmaculadas como renovación e limpeza democrática (pero que non as aplica
para sí mesmo). Recordo que nas municipais agasallounos este home con
carteis verdes, porque parecía renegar de ser socialista. Hoxe mesmo no
programa puxo a parir a Felipe González, e a outra socialista por pentencer
a consellos de administración das eléctricas, o cal comparto e fago
extensivo a políticos do PP como pode ser Aznar. Pero este triste e cínico
candidato do socialismo do Carballiño, que renega dos seus compañeiros,
nada dixo da sua pertenza á sociedade do Solo Empresarial do Atlántico,
chiringuito onde están colocados políticos tanto do PP como do PSOE para
mamar do público ¿Mala memoria? ¿Cinismo patético? Señor Fumega, e clase
política é noxenta, e vostede como político tamen o é.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/consellos-vendo-e-para-min-non-teño
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/consellos-vendo-e-para-min-non-teño
[3] whatsapp://send?text=Consellos vendo e para min non teño http://copecarballino.es/denunciacidada/consellos-vendo-e-para-min-non-teño
[4] http://copecarballino.es/print/41852