Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Para ir ó pleno deixen os móbiles na casa

3, Xuño 2014 [1] [2] [3] [4]

Dende que se ven os plenos televisados estou que non dou creto coa actitude
que teñen certos concelleiros/a durante a súa celebración. E que non é
extrano velos (sobre todo ao Señor Rodrigo) xogando co móbil,
whatsapeando, falando coa sua compañeira, poñendo caras de aburrimento...
etc. UNHA VERGONZA E UNHA FALTA DE RESPETO . O certo é que van ao pleno e
non fan nin caso a persoa que nese momento ten a palabra, a qué van, e ante
esta situación eu pregúntome "¿terán a pouca vergoña de cobrar despois
as dietas pola súa asistencia?, ¿vostedes saben onde están? ¿ao mellor
pensan que están no bar?

Xa o sei, as veces algúns votan un discurso que aburre ata as pedras, pero
señores concelleiros deben ter un pouco de respeto a institución e si non
lles interesa o que alí se debate e lle resulta aburrido, quédense na casa
que polo menos aforranlle uns cartiños ao Concello. ¡Hai que dar exemplo!,
despois pedimoslle aos nosos nenos e xovenes que non leven os móviles a
clase, que non falen co compañeiro mentres explica o profe, que non coman
chicle... E QUE ATENDAN...

En fin, é lamentable ver o pouco interese que se mostra polos problemas do
Carballiño, as caras que poñen de aburrimento, que xoguen co móbil e que
falen co que teñen ao lado... Poñan orden nese pleno e por favor APAGUEN OS
MOBILES OU QUEDENSE NA CASA que da pena ver o pouco saber estar (Creo que xa
son maiorciños, ata o meu neno se sabe comportar mellor que algún que da
pena velo), vaia exemplo lle dan a xuventude.

Invitolle aos veciños cando vexan o pleno televisado que se fixen, algún
concelleiro non lle quita os ollos a maquinita (un día leva a play station
ao salón de plenos ou ponse a xogar ao subastado coa compañeira)

Por certo ao que non atenda que non cobre, eso como mínimo porque para estar
de corpo presente compramos uns maquíes.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/para-ir-%C3%B3-pleno-deixen-os-m%C3%B3biles-na-casa

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/para-ir-ó-pleno-deixen-os-móbiles-na-casa [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/para-ir-ó-pleno-deixen-os-móbiles-na-casa [3] whatsapp://send?text=Para ir ó pleno deixen os móbiles na casa http://copecarballino.es/denunciacidada/para-ir-ó-pleno-deixen-os-móbiles-na-casa [4] http://copecarballino.es/print/41875