Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Sobre a Mesa Pola Normalización Lingúística

11, Decembro 2014 [1] [2] [3] [4]

Como veciño da comarca do Carballiño quixera denunciar algo que non ten precedentes na historia da comarca, e é que unha Mesa pola Normalización Lingüística que está subvertida con cartos de todos os galegos, faga seguidismo do que di un partido político, o PSdeG.

Resulta alarmante o descaro co que o señor da Mesa denuncia un artigo que aparece no Faro de Vigo. E resulta altamente alarmante que veña aquí a soltar a gran mentira de que os galegofalantes disminúen en número. É radicalmente falso. A última enquisa publicada polo IGE dí claramente que as persoas que falan galego exclusivamente, pasaron do 29,96% no ano 2008 ó 30,84% no ano 2013. E que a suma dos que só falan en galego e os bilingües achega un resultado de 72.9% de galegofalantes.

Así que si a Mesa quere máis subvencións ou quere facer seguidismo dun partido politico en especial, polo menos que non veña difamando ó galego. Porque tratando o uso do galego como un enfermo terminal, o que está conseguindo é o desinterese e desmotvación dos nosos nenos e nenas por falar unha língua que é maravillosa e é de todos. Teñan vostedes un pouco de dignidade, e se non é moito pedir sexan un pouquiño máis rigurosos co uso do galego.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/sobre-mesa-pola-normalizaci%C3%B3n-ling%C3%BA%C3%ADstica

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-mesa-pola-normalización-lingúística [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-mesa-pola-normalización-lingúística [3] whatsapp://send?text=Sobre a Mesa Pola Normalización Lingúística http://copecarballino.es/denunciacidada/sobre-mesa-pola-normalización-lingúística [4] http://copecarballino.es/print/41930