Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Asociación Carballiño denuncia "o pasotismo do alcalde do Carballiño"

3, Marzo 2015 [1] [2] [3] [4]

A Asociación de Veciños Carballiño critica que o pasotismo do alcalde ante as reiteradas queixas veciñais polo seu proxecto para modificar o PXOM custará aos cidadáns do Carballiño 40.000 euros que poderían terse destinado a outras cousas máis necesarias.

O acontecido co PXOM é unha mostra máis de que este alcalde xestiona o goberno municipal dándolle as costas ao pobo, sen defender para nada aos veciños e sen atender as súas opinións. De feito, lembran que a Federación de Asociacións Veciñais promoveu a recollida de sinaturas e  pediu a anulación do proxecto dende o primeiro momento, ao comprobar os graves prexuízos que acarreaba para a maior parte dos cidadáns, sobre todo nos núcleos rurais.

Si Marnotes houbese escoitado á cidadanía e atendido as súas queixas, os carballiñeses terían aforrado os 40.000 euros que o Concello destinou á redacción do proxecto, e que poderían terse gastado por exemplo en arranxar os baches do casco urbano e o rural, que tantas veces solicitamos.

Os veciños estamos fartos da arrogancia deste alcalde, que en catro anos nunca atendeu as prioridades do pobo e que ten esquencidos aos colectivos desta vila. O único motivo que ten Marnotes para paralizar agora o PXOM é a proximidade das eleccións, o cal evidencia que non ten ningún interese no benestar dos cidadáns, e só se move por intereses particulares.  

É unha vergoña para os veciños do Carballiño que o alcalde lles veña a dar a razón despois de tanto tempo simplemente porque estamos en ano electoral, e non porque atenda e defenda á cidadanía. Se houbese escoitado á veciñanza, os carballiñeses teríamos aforrado tempo, diñeiro e disgustos.

  Asdo. Gonzalo Rodriguez Conde.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/asociacion-carballino-denuncia-o-pasotismo-do-alcalde-do-carballino

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/asociacion-carballino-denuncia-o-pasotismo-do-alcalde-do-carballino [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/asociacion-carballino-denuncia-o-pasotismo-do-alcalde-do-carballino [3] whatsapp://send?text=A Asociación Carballiño denuncia [4] http://copecarballino.es/print/41953