Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Don erre que erre

15, Xaneiro 2016 [1] [2] [3] [4]

Pois parece ser que o reciclaxe non era tal. Máis ben resulta ser incineración, eso sí nun forno pirolítico, claro.

Toda esta polémica da incineradora de neumáticos, confirma o dito de que non hai mal que por ben non veña, pois se o mal sería a instalación da planta, o ben, para a comarca do Carballiño é o coñecemento que levamos adquirido  sobre a famosa "pirólisis", curiosa e caprichosa palabra por outra banda, aínda que etimolóxicamente íntimamente relacionada con queimar.

Quizás as zonas económicamente deprimidas coma a nosa provincia, non teñan outro sino no seu avance industrial que acabar sendo o vertedeiro  de resíduos, composts, lixos, rodas e outros incómodos refugallos.

Ben é certo que os resíduos que produce a nosa sociedade presuntamente avanzada, hai que xestionalos dalgunha maneira, evitando que as especies endémicas dos nosos montes  sexan, entre outras,  o toxo, a xesta, a lavadora e a roda abandoadas.

Pero o que é un feito obxetivo é que non se pode construir unha incineradora no medio do monte de calquer maneira e perxudicando á poboación, porque estamos a falar precisamento de eso: Incineración... con toda a pirólisis que se queira, pero Incineración.

O que xa empeza a ser sorprendente, e moito, é que os responsables municipáis  de Maside, manteñan esa empecinada insistencia en levala ó seu concello. Lembremos que xa foi rexeitada nunha ocasión polos veciños, e volven á carga.

Unha das consecuencias desta insistencia, é a lóxica sospeita que se empeza a extender pola poboación de que hai intereses, digamos extraños, pois  de outra maneira non se entende que o pueblo non queira a incineradora, e o Concello siga erre que erre. Vamos, que como o da tele... aquí hai tema... pero vamos.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/don-erre-que-erre

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/don-erre-que-erre [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/don-erre-que-erre [3] whatsapp://send?text=Don erre que erre http://copecarballino.es/denunciacidada/don-erre-que-erre [4] http://copecarballino.es/print/42058