Desenrolado por coroa.es
O ministerio de Administracións públicas ven de efectar o libramento de fondos correspondentes o Concello de Beariz para financiciar os seis proxectos que executará este Concello con cargo o Fondo Estatal de Investimento local. Trátase das obras de acondicionamento da área recreativa na localidade de Doade e o acondicionamento do lavadoiro público de Lebozán, por importe de 14.481 e 16.273 euros, respectivamente. A instalación dun parque de ximnasia ó aire libre na vila de Beariz e intalalacións deportivas no monte da Goberna, cun orzamento de 19.179 e 31.141 euros. Finalmente, outros dous proxectos contarán cun investimento de 31.141 e 36.000 euros, que son as cantidades que se destinarán a obras de reforma nos centros sociais das localidades de Muradás e Correa.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-map-financia-seis-proxectos-no-concello-de-beariz
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-map-financia-seis-proxectos-no-concello-de-beariz
[3] whatsapp://send?text=O MAP financia seis proxectos no Concello de Beariz http://copecarballino.es/novas/o-map-financia-seis-proxectos-no-concello-de-beariz
[4] http://copecarballino.es/print/42083