Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O BNG denuncia problemas co saneamento

31, Marzo 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O bng de Piñor amosase moi crítico coa política medio-ambiental que ven levando a cabo o Goberno Municipal que preside o Alcalde Socialista Francisco Fraga, atá o punto de considerar que os seiscentos mil euros destinados pola consellería de medio-ambiente na última lexislatura, non resolveron os problemas de saneamentos, ben o contrario, están a causar danos ambientais importantes. Asi o pón de manifesto o Bng no seu último "Boletín Informativo", distribuído entre a veciñanza das parrroquias que integran este Concello.

Entre as graves deficiencias detectadas, está a fosa intalada na zona do Torguedo,  que recolle as residuais do Reino, Moire e Torguedo, ubicada á beira do río, en zona de servidume do mesmo, con problemas de funcionamento que están a converter o río Arenteiro nunha cloaca. Tamén se critica como se ubicou unha fosa séptica no lugar da Torre, ó pé dun cruceiro, que tampouco parece o lugar máis axeitado, polo que representa unha falla elemental de sensibilidade co patrimonio cultural.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-bng-denuncia-problemas-co-saneamento

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-denuncia-problemas-co-saneamento [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-denuncia-problemas-co-saneamento [3] whatsapp://send?text=O BNG denuncia problemas co saneamento http://copecarballino.es/novas/o-bng-denuncia-problemas-co-saneamento [4] http://copecarballino.es/print/42084