Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Centro Social "Albetus" ampliará as súas prestacións cun "Fogar Residencial"

31, Marzo 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello de Avión destinará a cantidade que lle corresponde dentro do Fondo Estatal de Investimento Local, perto do medio millón de euros, a un único proxecto, a obra de construcción dun "fogar residencial" para persoas maiores, que se ubicará nao lugar do Sifón e pasará a formar parte do complexo municipal de Servizos Sociais "Albetus", onde se concentran na actualidade o resto das prestacións que se ofrecen, tales como o Centro de día ou a Casa Comunitaria.

O Alcalde de Avión, Antonio Montero, defendeu no programa "A MAÑÄ DE COPE" este proxecto, e tamén o feito de que se decidise destinar o cento por cento dos recursos dispoñibles neste Fondo Estatal de Investimento Local a unha única obra. Dunha parte porque cumple plenamente coa filosofía deste plan, que é a creación de emprego, que neste caso non será tan só durante o tempo que dure a obra de construcicón do edificio, senón que tamèn se crearán despois postos de traballo permanentes, para a atención das persoas residentes.  E doutra parte porque " coa construcción deste fogar residencial e a casa comunitaria xa existente, O Concello de Avión cubrirá boa parte das necesidades que temos na actualidade para atender as persoas maiores, cunha poboación coma é a nosa cada vez máis envellecida"

Finalmente foron catro as empresas que presentaron as súas plicas para facerse coa adxudicación desta obra, que se deberá executar durante este ano 2009.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-centro-social-albetus-ampliar%C3%A1-s%C3%BAas-prestaci%C3%B3ns-cun-fogar-residencial

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-centro-social-albetus-ampliará-súas-prestacións-cun-fogar-residencial [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-centro-social-albetus-ampliará-súas-prestacións-cun-fogar-residencial [3] whatsapp://send?text=O Centro Social [4] http://copecarballino.es/print/42085