Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Millón e medio de euros para completar o Parque Arqueolóxico de San Cibrán de Lás

21, Abril 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Unha resolución da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia do pasado dia 13 de abril, fixou un orzamento base dun millón e medio de euros para a licitación  -mediante concurso público-  do contrato de suministración e instalación de equiupamentos culturais do Parque Arqueolóxico de San Cibrán de Lás, nos Concellos de San Amaro e Punxín. O prazo para a presentación de ofertas será atá o dia 16 de maio, e periodo de execución do contrato, unha vez adxudicado, será de 300 dias naturais. Os criterios e condicións detalladas do contrato poden consultarse no perfíl do contratante da Consellería de Cultura.

O Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez, salientou -nunha entrevista na MAÑÁ DE COPE O CARBALLIÑO, a gran dimensión deste proxecto cultural, xa que se trata "dunha das actuacións máis ambiciosas da Consellería de Cultura en matería cultural, e desde logo do maior equipamento cultural da nosa Comarca". Os investimentos feitos neste proxecto cl superarán os seis millóns de euros, aportados pola Consellería de Cultura e o Ministerio de Fomento do Goberno Central. O rexidor municipal agarda que a finais do ano 2010 este Parque arqueolóxico de San Cibrán de Lás poida recibir os seus primeiros visitantes.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/mill%C3%B3n-e-medio-de-euros-para-completar-o-parque-arqueol%C3%B3xico-de-san-cibr%C3%A1n-de-l%C3%A1s

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/millón-e-medio-de-euros-para-completar-o-parque-arqueolóxico-de-san-cibrán-de-lás [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/millón-e-medio-de-euros-para-completar-o-parque-arqueolóxico-de-san-cibrán-de-lás [3] whatsapp://send?text=Millón e medio de euros para completar o Parque Arqueolóxico de San Cibrán de Lás http://copecarballino.es/novas/millón-e-medio-de-euros-para-completar-o-parque-arqueolóxico-de-san-cibrán-de-lás [4] http://copecarballino.es/print/42102