Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Cope O Carballiño volve liderar o Egm na Comarca do Carballiño

23, Abril 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os datos correspondentes a a primeira "oleada" do "estudio general de medios" do ano 2009, que se coñecían este pasado dia 22 de abril, volven  situar a COPE O CARBALLIÑO como a emisora de radio líder en audiencia na Comarca do Carballiño, con idénticas porcentaxes que no Egm acumulado do pasado ano 2008. Desta maneira,  o "EGM" certifica que COPE O CARBALLIÑO ten catro veces máis audiencia que o resto das emisoras da Comarca ás que audita este sistema de medición de audiencias. No ámbito provincial, o primeiro posto  neste "ranking" é para a Cadena Ser, por diante de Onda Cero que é segunda e COPE terceira. Por detrás, sitúanse o resto das cadenas que emiten radio convencional na provincia de Ourense, a Radio Galega aparece en cuarta posición, por diante de Radio Nacional de España, Punto Radio e Radiovoz. Na radio musical, o liderazgo provincial é para  a Cadena 40, seguida de Cadena 100.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/cope-o-carballi%C3%B1o-volve-liderar-o-egm-na-comarca-do-carballi%C3%B1o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cope-o-carballiño-volve-liderar-o-egm-na-comarca-do-carballiño [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cope-o-carballiño-volve-liderar-o-egm-na-comarca-do-carballiño [3] whatsapp://send?text=Cope O Carballiño volve liderar o Egm na Comarca do Carballiño http://copecarballino.es/novas/cope-o-carballiño-volve-liderar-o-egm-na-comarca-do-carballiño [4] http://copecarballino.es/print/42104