Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Presentado o novo Servizo de Protección Civil e Urxencias Sanitarias do Concello de Avión

23, Abril 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

As aportacións económicas de Caixanova e Deputación Provincial de ourense fixeron posible a adquisición dunha nova ambulancia, totalmente equipada, e da que xa dispón o Concello de Avión, para o servizo de traslado do urxencias sanitarias, incorporandose as prestacións da Agrupación Local de Protección Civil. O novo servizo terá unha cobertura horaria permanente de 24 horas, os 365 días do ano. Terá a súa sede no campo da feira de Avión, onde se ubica ademáis o Posto de Emerxencias de Protección Civil desta localidade. A ambulancia estará a disposción tanto dos veciños de Avión como dos Concellos limítrofes, cando se demande o seu servizo. Ademáis, para unha maior axilidade nesta pretación, poderá utilizarse un teléfono propio e gratuíto: 800 007 823.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións Antonio Montero, alcalde Avión

No acto de presentación, O Alcalde de Avión agradeceu ás entidades colaboradoras a súa axuda, e salientou a importancia que para o seu Concello ten este novo servizo de urxencia sanitarias, que se pón en marcha para mellorar a calidade asistencial dos veciños e veciñas a través dos propios recursos do Concello. Pola súa parte, O Presidente da Deputación Provincial, José Luis Baltar, tamén presente neste acto puxo o Concello de Avión como exemplo a imitar en política de Protección Civil e Urxencias Sanitarias, e invitou a outros Concellos a mirarse neste espello de Avión.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/presentado-o-novo-servizo-de-protecci%C3%B3n-civil-e-urxencias-sanitarias-do-concello-de-avi%C3%B3n

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/presentado-o-novo-servizo-de-protección-civil-e-urxencias-sanitarias-do-concello-de-avión [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/presentado-o-novo-servizo-de-protección-civil-e-urxencias-sanitarias-do-concello-de-avión [3] whatsapp://send?text=Presentado o novo Servizo de Protección Civil e Urxencias Sanitarias do Concello de Avión http://copecarballino.es/novas/presentado-o-novo-servizo-de-protección-civil-e-urxencias-sanitarias-do-concello-de-avión [4] http://copecarballino.es/print/42106