Desenrolado por coroa.es
A xoven, de 21 anos de idade, segundo caso que se investiga en Galicia, como posible afectada pola nova gripe, nova denominación que a Organización Mundial da Saúde aconsella para referírse a partir de agora a gripe porcina, permanece ingresada no Complexo Hospitalario de Ourense, e presenta unha "moi boa evolución", según confirmaron portavoces hospitalarios. A xoven-como adiantou COPE O CARBALLIÑO- regresou despois dunha viaxe a México este pasado lúns, e acudiu este mércores o "CHOU" con síntomas de gripe , polo que se ordenou o seu ingreso hospitalario. Atópase aillada e recibe tratamento antiviral. A Consellería de Sanidade emitíu un comunicado no que asegura que a paciente, veciña de Ourense, non reviste gravidade.
No centro sanitario tomaron as mostras oportunas , que xa foron remitidas ó Instituto Carlos III de Madrid para a súa análise, un trámite que tardará entre 48 e 72 horas, e será entón cando se confirme ou descarte esta posiblidade. Ningún dos 10 casos atá agora positivos en España se deu en Galicia. As Autoridades Sanitarias non descartan a aparición de posibles novos casos en vindeiros dias na provincia de Ourense, tendo en conta o gran número de emigrantes residentes no país mexicano. No programa " A Mañá de Cope O Carballiño", O Alcalde de Boborás e médico no centro de saúde deste Concello, Cipriano Caamaño, asegurou que o sistemas sanitarios español e galego están suficientemente preparados para facer fronte a situacións como a que está a presentarse e de ningún modo " é necesario nin aconsellable caer no alarmismo".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xoven-ingresada-no-chou-con-síntomas-sospeitosos-da-nova-gripe-presenta-unha-moi-boa-evolución
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xoven-ingresada-no-chou-con-síntomas-sospeitosos-da-nova-gripe-presenta-unha-moi-boa-evolución
[3] whatsapp://send?text=A xoven ingresada no CHOU con síntomas sospeitosos da nova gripe
[4] http://copecarballino.es/print/42115