Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Test decisivo para Montes : a aprobación dos orzamentos no Concello Carballiñés

6, Maio 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

En apenas 48 horas, desde que recibiron esta semana o expediente, deberán posicionarse partido popular e bloque nacionalista galego na comisión informativa de facenda, convocada para este xoves dia 7 e na que se presentarán os orzamentos do Concello do Carballiño para este ano 2009, unha comisión informativa previa á convocatoria da sesión do pleno da corporación. Tamén este xoves está convocado o consello de participación cidadán, órgano de carácter consultivo, que se reunirá para dar cumplimento o regulamento de tramitación dos orzamentos, antes de sometelos á aprobación plenaria. Os grupos da oposición, PP e BNG, estudan contra reloxio o documento elaborado polo grupo de goberno, unhos orzamentos cifrados para este ano en dez millóns seiscentos mil euros, un millón por debaixo en relación ó exercicio económico do ano pasado. Daquéla, o grupo de goberno socialista - en minoría no Pleno- lograría sacar adiante os orzamentos, grazas á abstención do bng.

¿Que pasará este ano? Pois velahí a gran incognita que se plantexa, xa que a dia de hoxe desde o grupo de goberno non se levou a cabo ningún tipo de negociación cos grupos da oposición e para conseguir os apoios suficientes e necesarios para que os orzamentos sexan aprobados. Se non fose así, a situación complicaríase para os responsables municipais, porque terían que prorrogarse os orzamentos  do 2008, de maneira que non poderían facerse operacións de tesorería, e tampouco se aprobaría a RPT, entre outras consecuencias. Pero quen o tería aínda máis complicado é Montes, toda vez que anunciou xa publicamente que si son rexeitados os orzamentos presentaría unha cuestión de confianza ante o Pleno, unha arma perigosa xa que  se a supera tamén automaticamente quedarían aprobados os orzamentos, pero do contrario, se non supera a moción de confianza, entón a maioria da Corporación tería un mes de prazo para presentar ó pleno un novo candidato á Alcaldia do Carballiño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/test-decisivo-para-montes-aprobaci%C3%B3n-dos-orzamentos-no-concello-carballi%C3%B1%C3%A9s

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/test-decisivo-para-montes-aprobación-dos-orzamentos-no-concello-carballiñés [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/test-decisivo-para-montes-aprobación-dos-orzamentos-no-concello-carballiñés [3] whatsapp://send?text=Test decisivo para Montes : a aprobación dos orzamentos no Concello Carballiñés http://copecarballino.es/novas/test-decisivo-para-montes-aprobación-dos-orzamentos-no-concello-carballiñés [4] http://copecarballino.es/print/42125