Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Desestimado o recurso de súplica do Concello de Leiro pola expropiación da entrada ó novo balneario de Berán

8, Maio 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Con data do dia 23 de abril de 2009, a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

desestimou o recurso de súplica interposto polo Concello de Leiro, contra un acto anterior desa mesma sala na que non se lle adimitía a inexecución da sentencia do Tribunal Supremo, que consideraba non se axustaba a dereito o proceso de expropiación dos terreos nos que se construíu a entrada ó novo balneario de Berán.

No mesmo auto requíreselle o Concello de Leiro que "lleve a puro y debido efecto" a sentencia do Tribunal Supremo. Chegados a este punto, ó non proceder ningún outro tipo de recurso, o Concello de Leiro terá necesariamente que negociar co particular afectado ou levar a cabo o proxecto dunha nova entrada de acceso ás instalacións balnearias.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/desestimado-o-recurso-de-suplica-do-concello-de-leiro-pola-expropiacion-da-entrada-o-novo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/desestimado-o-recurso-de-suplica-do-concello-de-leiro-pola-expropiacion-da-entrada-o-novo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/desestimado-o-recurso-de-suplica-do-concello-de-leiro-pola-expropiacion-da-entrada-o-novo [3] whatsapp://send?text=Desestimado o recurso de súplica do Concello de Leiro pola expropiación da entrada ó novo balneario de Berán http://copecarballino.es/novas/desestimado-o-recurso-de-suplica-do-concello-de-leiro-pola-expropiacion-da-entrada-o-novo [4] http://copecarballino.es/print/42130