Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Concello de Maside dará o nome de "Alfonso Róo Gil " a unha rúa de Dacón

9, Maio 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Corporación Municipal de Maside aprobará na vindeira sesión, a celebrar o martes dia 12 de maio, o expediente  polo que a rúa Santa María, na localidade de Dacón, pasará a denominarse oficialmente "rúa Alfonso Roo Gil". A proposta levase  o Pleno da Corporación Masidá cando está proximo a cumplirse o primeiro cabodano do pasamento deste veciño de Dacón, falecido tras sufirir un accidente laboral, e cando contaba 63 anos de idade. Alfonso Róo Gil foi, duante 15 anos, entre 1991 e 2007, concelleiro do psoe na Corporación Municipal de Maside, e durante moitos anos -practicamente desde a súa creación- presidira a Asociación de Veciños de Dacón. Agora, dandolle o nome dunha rúa do seu pobo, O Concello de Maside pretende recoñecer o traballo público que durante tantos anos realizou en favor da comunidade.

Ademaís, nesta mesma sesión plenaria, a Corporación debatirá a aprobación de dous convenios de cooperación co veciño concello de Punxín, para a recollida do lixo e a xestión dos servizos sociais, tras abandonar ambos Concellos a Mancomunidade Comarcal. Tamén se someterá á consideración do pleno a adhesión do Concello de Maside ó convenio marco de colaboración  entre a Xunta de Galicia  e as Entidades xestoras para a recollida selectiva de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos e aprobaráse unha operación de permuta dun sendeiro público.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-dar%C3%A1-o-nome-de-alfonso-r%C3%B3o-gil-unha-r%C3%BAa-de-dac%C3%B3n

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-dará-o-nome-de-alfonso-róo-gil-unha-rúa-de-dacón [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-dará-o-nome-de-alfonso-róo-gil-unha-rúa-de-dacón [3] whatsapp://send?text=O Concello de Maside dará o nome de [4] http://copecarballino.es/print/42131