Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Concello de Piñor celebra o 17 de maio a "II Andaina saudable"

10, Maio 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A camiñada comezará ás 10 da mañá deste domingo 17 de maio, con saída desde a praza do Concello de Piñor, e percorrerá por Albarona, Lousado, Arenteiriño, Arenteiro, Casarellos, Pereira, Barreiros, Cales, Casmoniño e Barrán, completandose asi unha distancia dunhos 15 kilótmetos de dificultade media. O roteiro achegaráse a lugares de interese histórico como a antiga fábrica de papel de Lousado ou o camiño dos arrieiros, lugares de gran valor etnográfico como os muiños de Lousado ou os cabaceiros de Barrán, e desde logo, zonas de gran importancia paisaxística  e  natural como as Fervenza da Fareixa e o Peilán ou o pozo da Area, entre outros moitos. O longo do roteiro haberá 3 puntos de avituallamento e tras a camiñata celebraráse un xantar saudáble para repoñer forzas.

Con esta inciativa, preetendese fomentar hábtos de vida saudables entre persoas de todas as idades, como o exercicio físico ó aire libre, a comida saudable e as relacións sociais. Os participantes deberán presentarse na praza do Concello de Piñor media hora antes do inicio da camiñada para recoller os seus dorsais, previa inscripción que será grautíta e que deberá formalizarse na casa do Concello ( Tfno 988 403 326)  atá o 15 de maio. A organización tén previsto entregar varios premios, e ademaís coincidindo con esta camiñata levaráse a cabo do 2º concurso fotográfico, que terá como tema central destacar os valores humanos, deportivos, organizativos, culturais e paisaxísticos.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-pi%C3%B1or-celebra-o-17-de-maio-ii-andaina-saudable

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-piñor-celebra-o-17-de-maio-ii-andaina-saudable [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-piñor-celebra-o-17-de-maio-ii-andaina-saudable [3] whatsapp://send?text=O Concello de Piñor celebra o 17 de maio a [4] http://copecarballino.es/print/42132