Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Alcalde e Bng volven citarse este mércores para avanzar nun posible, e de momento difícil acordo, en relación os orzamentos

12, Maio 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Todo parece indicar que haberá que agardar á celebración do Pleno da Corporación Municipal, para este xoves dia 14 ás doce e media da mañá, para saber con que posibliidades conta o Psoe á hora de someter a votación os orzamentos do Concello do Carballiño para este ano 2009. Tras unha nova reunión, celebrada a última hora da tarde entre socialistas e nacionalistas non se produciron grandes avances na negociación, que presentan os seus maiores puntos de fricción na política de persoal e a Relación de Postos de traballo, a RPT que vai unida a aprobación dos orzamentos. Outra das desavenencias entre Psoe e Bng que dificulta o acordo é o compromiso de pago ós acreedores e un plan de saneamento das contas municipais, tal como demanda o bng.

O Alcalde Carlos Montes, polo psoe, e os concelleiros Bernardo García e Aurea Francisco, polo bloque nacionalista galego, volverán reunirse novamente este mércores dia 13 pola tarde. Será, con toda seguridade o último intento para chegar a un posible, e de momento dificil acordo, antes da celebración da sesión plenaria do xoves.  O voto afirmativo ou a abstención dos nacionalistas facilitaría a aprobación dos orzamentos, do contrario serían rexeitados pola maioria do pleno, toda vez que co partido popular nin xiquera se intentou algún posible achegamento por parte dos socialistas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/alcalde-e-bng-volven-citarse-este-mercores-para-avanzar-nun-posible-e-de-momento-dificil

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/alcalde-e-bng-volven-citarse-este-mercores-para-avanzar-nun-posible-e-de-momento-dificil [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/alcalde-e-bng-volven-citarse-este-mercores-para-avanzar-nun-posible-e-de-momento-dificil [3] whatsapp://send?text=Alcalde e Bng volven citarse este mércores para avanzar nun posible, e de momento difícil acordo, en relación os orzamentos http://copecarballino.es/novas/alcalde-e-bng-volven-citarse-este-mercores-para-avanzar-nun-posible-e-de-momento-dificil [4] http://copecarballino.es/print/42137