Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Aplazada a reunión entre Psoe e Bng para negociar os orzamentos do Concello Carballiñés

13, Maio 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A cita prevista e anunciada para esta tarde de mércores non chegou a celebrarse. Finalmente,  suspendeuse o encontro que  estaba programado repetir entre o grupo de goberno, representado polo Alcalde Carlos Montes, e o bloque, que designara a Aúrea Francisco e Bernardo García como representantes para esta negociación de última hora. Os nacionalistas pediron tempo morto e aplazaron calquera decisión para esta xornada de xoves, non descartandose unha reunión  no transcurso da mañá, antes do inicio do pleno, convocado para as doce e media do mediodia. Nunhas declaraciós a Cope O Carballiño, Aúrea Francisco manifestou que o bloque acudira "in extremis" a esta chamada do Alcalde coa "mellor vontade posible e con espíritu constructivo"  e " en todo caso buscando o mellor para o Carballiño". A decisión a partir das doce e media da mañá. Ademáis dos orzamentos para o 2009, a Coroporación Municipal tamén deberá votar a RPT, a relación dos postos de traballo, ainda que a súa aprobación vai unida a dos orzamentos

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/aplazada-reuni%C3%B3n-entre-psoe-e-bng-para-negociar-os-orzamentos-do-concello-carballi%C3%B1%C3%A9s

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/aplazada-reunión-entre-psoe-e-bng-para-negociar-os-orzamentos-do-concello-carballiñés [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/aplazada-reunión-entre-psoe-e-bng-para-negociar-os-orzamentos-do-concello-carballiñés [3] whatsapp://send?text=Aplazada a reunión entre Psoe e Bng para negociar os orzamentos do Concello Carballiñés http://copecarballino.es/novas/aplazada-reunión-entre-psoe-e-bng-para-negociar-os-orzamentos-do-concello-carballiñés [4] http://copecarballino.es/print/42139