Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Tras varios dias de mobilizacións, Adif e veciños de Lama de Campo chegan a un acordo.

20, Maio 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Tras varios dias de protesta e mobilizacións, chegando incluso a cortar o tráfico e impedir o paso de camións á zona de obras, os veciños de Lama de Campo e representantes do Adif chegaron hoxe a un principio de acordo para a contrucción dun paso elevado nesta localidade, que quedou dividida en dúas partes pola construcción da nova via. Inicialmente os veciños viñan demandando a construcicón dun paso inferior, para evitar que o pobo quedase illado en dúas bandas, e incluso a petición se traladara ó Senado, a traves dunha iniciativa do senador do Bng Pérez Bouza, que lograra o compromiso do Ministerio de Fomento para que se construíra un paso inferior. Sen embaro, cuestíóns tecnicas levaron novamente o Adif a desbotar esa posiblidade. Finalmente, e tras varios dias de presión en forma de protestas e mobilizacións, veciños e responsables do adif chegaron hoxe a este principio de acordo no que se contempla a construcción dun paso elevado, aínda que mellorando o proxecto inicialmente previsto. A este acordo chegouse no transcruso dunha reunión na que tamén participou o Alcalde do Irixo, Manuel Penedo.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Luis portavoz dos veciños

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/tras-varios-dias-de-mobilizaci%C3%B3ns-adif-e-veci%C3%B1os-de-lama-de-campo-chegan-un-acordo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/tras-varios-dias-de-mobilizacións-adif-e-veciños-de-lama-de-campo-chegan-un-acordo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/tras-varios-dias-de-mobilizacións-adif-e-veciños-de-lama-de-campo-chegan-un-acordo [3] whatsapp://send?text=Tras varios dias de mobilizacións, Adif e veciños de Lama de Campo chegan a un acordo. http://copecarballino.es/novas/tras-varios-dias-de-mobilizacións-adif-e-veciños-de-lama-de-campo-chegan-un-acordo [4] http://copecarballino.es/print/42146