Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Trasladado a Povisa o mozo carballiñés que resultou ferido pola explosión dun petardo

28, Maio 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

No transcurso da xornada de hoxe foi  trasladado o hospital Povisa de Vigo o mozo carballinés de 22 anos de idade, I.D.M.P. que resultara con feridas graves o estourallle un petardo, cando participaba da festa carballiñesa de celebración da victoria do Barça na Champions. O suceso ocurrira pasadas as once da noite nas inmediacións do cruce de Curros Enríquez con Conde Vallelano, e xa desde o primeiro momento pudo comprobarse a gravidade das feridas nunha man tras a explosión do petardo. Trasladado de inmediato ó Punto de Atención Continuada do Carballiño confirmouse a amputación de dous dedos e graves lesións no resto da man. Despois de pasar a noite no complexo hospitalario de Ourense, os facultativos decidiron o seu trasaldo á unidade de traumatoloxía e ciruxía ortopédica do hospital Povisa de Vigo, onde quedou ingresado para recibir tratamento.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/trasladado-povisa-o-mozo-carballi%C3%B1%C3%A9s-que-resultou-ferido-pola-explosi%C3%B3n-dun-petardo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/trasladado-povisa-o-mozo-carballiñés-que-resultou-ferido-pola-explosión-dun-petardo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/trasladado-povisa-o-mozo-carballiñés-que-resultou-ferido-pola-explosión-dun-petardo [3] whatsapp://send?text=Trasladado a Povisa o mozo carballiñés que resultou ferido pola explosión dun petardo http://copecarballino.es/novas/trasladado-povisa-o-mozo-carballiñés-que-resultou-ferido-pola-explosión-dun-petardo [4] http://copecarballino.es/print/42162