Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Bernardo García non acudiu no xulgado ó acto de conciliación con Edelmiro Mateo

29, Maio 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O acto de conciliación estaba fixado para este venres 29 de maio no xulgado do Carballiño e o mesmo non se presentou o concelleiro do Bng. Bernardo García xa anunciara tras coñecerse este acto previo á querella presentada contra él polo concelleiro do Psoe que de ningunha maneira rectificaría as manifestacións que fixera no programa "A mañá de Cope O Carballiño", e que motivaron esta reacción por parte do concelleiro de obras. Dáquela, Bernardo García criticara a xestión do socialista ó que se referira coma "o chapuzas de Ventosa" e comparara co ex-alcade de Marbella Julián Muñoz. Por esas manifestacións Edelmiro Mateo pediulle o concelleiro do Bng unha rectificación e una imndenización simbólica dun euro neste acto de conciliación que finalmente non pudo celebrarse pola incomparecencia de Bernardo García. Se Mateo segue adiante, agora seguirá o seu proceso a querella criminal por inxurias e calunmias.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/bernardo-garc%C3%ADa-non-acudiu-no-xulgado-%C3%B3-acto-de-conciliaci%C3%B3n-con-edelmiro-mateo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/bernardo-garcía-non-acudiu-no-xulgado-ó-acto-de-conciliación-con-edelmiro-mateo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/bernardo-garcía-non-acudiu-no-xulgado-ó-acto-de-conciliación-con-edelmiro-mateo [3] whatsapp://send?text=Bernardo García non acudiu no xulgado ó acto de conciliación con Edelmiro Mateo http://copecarballino.es/novas/bernardo-garcía-non-acudiu-no-xulgado-ó-acto-de-conciliación-con-edelmiro-mateo [4] http://copecarballino.es/print/42163