Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Veciños do barrio de Flores solicitan unha reunión co concelleiro de tráfico para abordar a problemática existente

30, Maio 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un numeroso grupo de veciños do barrio de Flores reuníuse a última hora da tarde do pasado venres para analizar a decisión municipal de converter en peonil esta zona. Na xuntanza puxeronse de manifesto diversos aspectos problemáticos que os veciños entenden se van agravar aínda cara o futuro, e tamén se constatou a falla de información sobre o proxecto de reordenación impulsado pola concellería de tráfico. Por este motivo, os reunidos consideraron oportuno a asistencia do titular deste departamento municipal, o concelleiro josé Antonio Barge, co que contactaron telefónicamente para expoñerlle estas inquedanzas. Tras a conversación telefónica o concelleiro comprometeuse a acudir persoalmente a unha nova  reunión que terá lugar o luns dia 1 de xuño ás oito e media da tarde na eira de Flores.Mentres, o Concello iniciou esta pasada semana a instalación dos bolardos nas rúas de acceso a este barrio carballiñés, unhos traballos que se completarán nos vindeiros dias, de tal maneira que desde entón quedará restrinxido ó  paso de automóbiles ós residentes con garaxe e a aqueles vehículos de servizo que realicen labores de carga ou descarga.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/vecinos-do-barrio-de-flores-solicitan-unha-reunion-co-concelleiro-de-trafico-para-abordar

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/vecinos-do-barrio-de-flores-solicitan-unha-reunion-co-concelleiro-de-trafico-para-abordar [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/vecinos-do-barrio-de-flores-solicitan-unha-reunion-co-concelleiro-de-trafico-para-abordar [3] whatsapp://send?text=Veciños do barrio de Flores solicitan unha reunión co concelleiro de tráfico para abordar a problemática existente http://copecarballino.es/novas/vecinos-do-barrio-de-flores-solicitan-unha-reunion-co-concelleiro-de-trafico-para-abordar [4] http://copecarballino.es/print/42164