Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > As obras na rúa cerca suprimen 30 prazas de aparcamento para vehículos

6, Xuño 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Suma e segue. Á inminente supresión de prazas de aparcamento unha vez se leve a cabo a peonalización do barrio de Flores, agora séguelle a rua Cerca, onde as obras de reforma que se están a levar a cabo siñificarán a eliminación de aproximadamente unhas 30 prazas de aparcamento nesta céntrica rúa carballiñesa. A obra enmarcase dentro do proxecto de mellora da seguridade vial que o Concello Carballiñés incluíu nos proxectos finaciados con cargo o Fondo Estatal de investimento local, e conta neste caso cun orzamento de 221.000 euros, nun proxecto no que tamén se levará a cabo esta mesma actuación nas rúas Calvo Sotelo e Centro Partido do Carballiño en Buenos Aires. Polo que respecta á rua Cerca, a obra consiste na reposición das infraestucturas soterradas e a construcción de beirarúas, o que conleva a desaparición de máis prazas de aparcamento públicas nas rúas carballiñesas. Ademáis, e según anunciou recentemente o concelleiro de tráfico José Antonio Barge, esta rúa experimentará algunhos cámbeos no sentido da circulación, que terá saída tanto á rúa Curros Enríquez coma á rúa dos Canteiros.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/obras-na-r%C3%BAa-cerca-suprimen-30-prazas-de-aparcamento-para-veh%C3%ADculos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/obras-na-rúa-cerca-suprimen-30-prazas-de-aparcamento-para-vehículos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/obras-na-rúa-cerca-suprimen-30-prazas-de-aparcamento-para-vehículos [3] whatsapp://send?text=As obras na rúa cerca suprimen 30 prazas de aparcamento para vehículos http://copecarballino.es/novas/obras-na-rúa-cerca-suprimen-30-prazas-de-aparcamento-para-vehículos [4] http://copecarballino.es/print/42173