Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Actividades de ocio para rapaces e adultos no verán de Maside

8, Xuño 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os rapaces entre os 6 e os 13 anos terán a oportunidade de participar no "2º campamento de verán" que se desenvolverá en Maside durante o vindeiro mes de xullo, e aberto tanto a nenos e nenas empadronados no Concello Masidao, como chegados doutros Concellos. Os primeiros aborán 12 euros como cuota de participación e os segundos 15 euros, estando aberto o prazo para inscribirse atá o 29 de xuño, nas oficinas do departamento municipal de Servizos Sociais do Concello de Maside. Ademaís, os cativos entre os 3 e os 6 anos poderán participar en diversos obradoiros entre o 3 e o 21 de agosto, cunha cuota de inscripción de 10 euros. E xa tanto para rapaces como para adultos, programaránse durante a tempada estival varios cursos de iniciación e perfeccionamento de natación, na paiscina da Rañoa, e tanto en horario de mañá coma de tarde, de 11 a 12 horas, e de 20 a 21 horas. Os participantes nestes cursos de natación terán que abonar 10 euros. Exclusivamente para adultos, e dous dias á semana, tamén na piscina da Rañoa programaráse a actividade do "AQUAGYM", que tan boa acollida tivo o ano pasado. Para toda a veciñanza residente no Concello de Maside van poñerse á venda bonos de tempada e mensuais, que poderán retirarse a partir do 15 de xuño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/actividades-de-ocio-para-rapaces-e-adultos-no-ver%C3%A1n-de-maside

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/actividades-de-ocio-para-rapaces-e-adultos-no-verán-de-maside [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/actividades-de-ocio-para-rapaces-e-adultos-no-verán-de-maside [3] whatsapp://send?text=Actividades de ocio para rapaces e adultos no verán de Maside http://copecarballino.es/novas/actividades-de-ocio-para-rapaces-e-adultos-no-verán-de-maside [4] http://copecarballino.es/print/42176