Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O TSXG desestima o recurso de súplica interposto polo Concello e ordena a demolición dos áticos do edificio do hotel Rogelia

15, Xuño 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A resolución da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tén data do pasado dia 26 de abril, e xa foi comunicada  ás partes o dia 4 deste mes de xuño, e na mesma desestimase o recurso de súplica interposto polo Concello do Carballiño e a promotora Fanjol contra o auto do pasado mes de marzo no que solicitaba a inexecución da sentencia que obriga ó Concello do Carballiño á demolición da útlima planta do edificio do antigo hotel Rogelia, entre as praza dos Irmáns Prieto e a avda. de Julio Rodríguez Soto, tras o recurso contencioso promovido por un grupo de veciños do edifcio colindante, e os que a xustiza deu a razón. O TSXG estimou parcialmente a inexecución solicitada polo Concello Carballiñés, pero ordenou a demolición dos áticos da última planta do edificio. Agora, a resolución do recurso de súplica, manifesta que  "con independencia de los perjuicios que ello suponga para quien, según el contenido de la sentencia, ha vulnerado la normativa urbansitica y que era aplicable al caso, y que debe afrontar las consecuencias de ese proceder antijurídico".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-tsxg-desestima-o-recurso-de-suplica-interposto-polo-concello-e-ordena-demolicion-dos-aticos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-tsxg-desestima-o-recurso-de-suplica-interposto-polo-concello-e-ordena-demolicion-dos-aticos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-tsxg-desestima-o-recurso-de-suplica-interposto-polo-concello-e-ordena-demolicion-dos-aticos [3] whatsapp://send?text=O TSXG desestima o recurso de súplica interposto polo Concello e ordena a demolición dos áticos do edificio do hotel Rogelia http://copecarballino.es/novas/o-tsxg-desestima-o-recurso-de-suplica-interposto-polo-concello-e-ordena-demolicion-dos-aticos [4] http://copecarballino.es/print/42183