Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A "Asociación Carballiño-Ribeiro" xestionará os catro millóns e medio de euros do Leader Galicia, atá o 2013.

25, Xuño 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Eran dúas as candidaturas que optaban a facerse coa xestión dos fondos do Leader Galicia 2007-2013 para as comarcas do Carballiño e O Ribeiro, o chamado GDR-9. Finalmente, a Axencia de Desenvolvemento Rural elexíu á "Asociación Carballiño-Ribeiro" e, en consecuencia, denegou a solicitude que fora presentada pola asociación "Terras do Noroeste Ourensán", que integraban os Concellos gobernados con marioria absoluta polo Psoe e asocacións e entidades afíns ós socialistas, que se desmarcaran da outra asociación na xestación inicial de constitución ó non compartir o criterio maioritario e amosar a súa disconformidade no proceso de elección dos órganos directivos e a representatividade, que entendian os socialistas non era proporcional. Tras varios meses de incertidume, e sen que fose posible chegar a un acordo entre ambas candidaturas, agora a administracción seleccionou á Asociación que preside o Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, e da que forman parte 14 Concellos de ambas Comarcas, 9 entidades públicas e un total de 248 entidades de carácter privado. O seu ámbito de actuación será o dos 19 Concellos das dúas comarcas e o orzamento que manexará ascende a catro millóns e medio de euros.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/asociacion-carballino-ribeiro-xestionara-os-catro-millons-e-medio-de-euros-do-leader-galicia

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/asociacion-carballino-ribeiro-xestionara-os-catro-millons-e-medio-de-euros-do-leader-galicia [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/asociacion-carballino-ribeiro-xestionara-os-catro-millons-e-medio-de-euros-do-leader-galicia [3] whatsapp://send?text=A [4] http://copecarballino.es/print/42192