Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Concello de Boborás invita á veciñanza a someterse a "unha consulta da condición física"

25, Xuño 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A partir do 30 de xuño, os veciños e veciñas do Concello de Boborás, calquera que sexa a súa idade, poderán solicitar cita no centro de saúde da localidade para someterse a unha "consulta da condición física". Trátase dunha iniciativa totalmente gratuíta que leva a cabo a Institución Municipal e que se enmarca dentro do programa dos Concellos Saudábles, dos que participa Boborás. A través desta "consulta da condición física" as persoas terán un coñecemento do seu estado físico e de saúde por medio das probas e entrevistas que realizarán con dous profesionais, un nutricionista e un licenciado en educación física, que ademáis lle marcarán distintas pautas para mellorar o estado físico en xeral, e asi acadar unha mellor calidade de vida, ademáis de prever as distintas doenzas. Para as vindeiras semanas, o Concello de Boborás organizará outro tipo de iniciativas que tamén persiguen fomentar os hábitos de vida saudábles, como serán unha andaina e actividdes deportivas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-invita-vecinanza-someterse-unha-consulta-da-condicion-fisica

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-invita-vecinanza-someterse-unha-consulta-da-condicion-fisica [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-invita-vecinanza-someterse-unha-consulta-da-condicion-fisica [3] whatsapp://send?text=O Concello de Boborás invita á veciñanza a someterse a [4] http://copecarballino.es/print/42194