Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A "I Fin de Semana Saudable" pechará cunha maratón e unha andaina para promover un estilo de vida saudable

1, Xullo 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os vindeiros días 18 e 19 de xullo vaise levar a cabo o "I Fin de Semana Saudable" que será a actividade colofón do proxecto "Concellos Saudable 11". Neste proxecto, que ten como obxectivos promover estilos de vida saudable e mellorar o benestar das persoas, están incluidos os concellos de Amoeiro, Coles, Carballeda de Avia, Vilamarín, Maside, Punxín, Piñor, A Peroxa, Ribadavia, Cortegada e Boborás. O "I Maratón de Fútbol Sala Saudable" terá lugar o sábado 18 de xullo no Pavillón Municipal a partir das 10 da mañá e nel poderán participar un total de 10 equipos; o prezo da inscripción será de 60 euros e os equipos gañadores contarán con premios de 400, 300 e 200 euros que poderán canxear por artigos de deporte en tendas da comarca. Tamén consta da "I Andaina Saudable" que pechará o proxecto o vindeiro día 19 a partir das 10 da mañá no Pavillón Municipal; esta andaina contará con dous percorridos de 8 e 15 quilómetros e a chegada será ó redor das cinco e media da tarde ó lugar de saída. Tódolos participantes poderán desfrutar dunha actuación de títeres que será realizada polo grupo Seisdedos. Para inscribirse a calquera das dúas actividades será preciso chamar ao teléfono 988402008 ou acudir ás oficinas municipais entre as nove e as dúas antes do 17 de xullo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/i-fin-de-semana-saudable-pechara-cunha-maraton-e-unha-andaina-para-promover-un-estilo-de-vida

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/i-fin-de-semana-saudable-pechara-cunha-maraton-e-unha-andaina-para-promover-un-estilo-de-vida [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/i-fin-de-semana-saudable-pechara-cunha-maraton-e-unha-andaina-para-promover-un-estilo-de-vida [3] whatsapp://send?text=A [4] http://copecarballino.es/print/42199