Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Cea celebra este domingo a "XVIII Festa de exaltación do Pan", na que se agarda un novo record de vendas

3, Xullo 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Carlos M. Rodríguez, durante a súa intervención no programa

O Presidente do consello regulador da IXP pan de Cea, Carlos Manuel Rodríguez, espera que no horizonte dunhos tres anos, cando remate o seu mandato á fronte da Indicación Xeográfgica Protexida, poidan acardarse os dous millóns de unidades de pezas, o que siñificaría triplicar a producción desde a creación deste consello regulador. Estas  optimistas previsións do Presidente foron feitas no programa "a mañá de Cope O Carballiño", nunha emisión especial adicada á "XVIII Festa de exaltación do pan de Cea" e na que Carlos Manuel Rodríguez tamén afirmou que a crise económica non está afectando á venda de pan de Cea "porque este pan é imprescindible en calquera mesa que se precie, e para nada a crise está influindo, ó contrario, cada vez temos máis demanda, sobre todo desde o exterior da nosa Comunidade Autónoma, xa que hoxendia o pan de Cea e coñecido por toda a xeografía española e  aínda é máis apreciado fora que en Galicia".           En canto a esta nova edición da festa de exaltación, a celebrar este domingo dia 5 de xullo no campo da Saleta de Cea, o Presidente do consello regulador espera acadar un novo record de venda de pezas de pan, que se siuou o ano pasado en 2.400. Durante a a xornada animarán a festa charangas, a Banda de Gaitas e as Pandereiteiras de Cea, e xa desde última hora da tarde a orquestra Ciudad Cristal. O xantar oficial está programado para as dúas e media da tarde, e tanto pola maá como pola tarde haberá desgustacións de pan de cea acompañado de distintos productos galegos con denominación de orixe, que ademáis contarán con stands expositores e de venda.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/cea-celebra-este-domingo-xviii-festa-de-exaltacion-do-pan-na-que-se-agarda-un-novo-record-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cea-celebra-este-domingo-xviii-festa-de-exaltacion-do-pan-na-que-se-agarda-un-novo-record-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cea-celebra-este-domingo-xviii-festa-de-exaltacion-do-pan-na-que-se-agarda-un-novo-record-de [3] whatsapp://send?text=Cea celebra este domingo a [4] http://copecarballino.es/print/42203