Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A II Gala do Deporte do Carballiño acolleu a máis de 400 persoas á que acudiron caras moi coñecidas do deporte galego

6, Xullo 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

[5]

Arsenio Iglesias e Lolo Carril

 (Redacción. Belén González) A II Gala do Deporte do Carballiño homenaxea ós deportistas máis sobranceiros no Auditorio ó que acudiron máis de 400 persoas. A este acto acudiron ex deportivistas da talla de Arsenio Iglesias, Manjarín, José Ramón, o ex celtista Vlado Gudelj  e o entrenador do Tau, Dusko Ivanovic entre outros moitos que se encargaron de entregar os premios. Entre os galardoados estiveron o nadador Borja Fernández e a taekwondista Cristina Fernández. Tamén tivo o seu recoñecemento o equipo xuvenil da Escola Municipal de Fútbol, o ex árbitro José Fernández "Godoy" por toda unha vida adicada ó deporte, o capitán do Clube Deportivo Arenteiro, José Luis Méndez "Tacón" que tivo unha mención especial e o locutor do programa radiofónico "O Tirachinas" de COPE O Carballiño, Lolo Carril, que foi homenaxeado pola promoción do deporte local. Así ata un total  de 15 galardóns serían entregados nunha gala, que a falta dalgún detalle que a mellore, resultou atractiva e inclusive por momentos emotiva.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/ii-gala-do-deporte-do-carballino-acolleu-mais-de-400-persoas-que-acudiron-caras-moi-conecidas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/ii-gala-do-deporte-do-carballino-acolleu-mais-de-400-persoas-que-acudiron-caras-moi-conecidas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/ii-gala-do-deporte-do-carballino-acolleu-mais-de-400-persoas-que-acudiron-caras-moi-conecidas [3] whatsapp://send?text=A II Gala do Deporte do Carballiño acolleu a máis de 400 persoas á que acudiron caras moi coñecidas do deporte galego http://copecarballino.es/novas/ii-gala-do-deporte-do-carballino-acolleu-mais-de-400-persoas-que-acudiron-caras-moi-conecidas [4] http://copecarballino.es/print/42206 [5] http://copecarballino.es/image/arsenio