Desenrolado por coroa.es
A Comarca do Carballiño será a única dentro da oprovincia de Ourense, e unha das seis de Galicia, que contarán este verán con voluntarios da campaña de vixilancia e defensa do monte galego, que poñen en marcha conxuntamente as consellerias de traballo e medio rural. O operativo iniciaráse o vindeiro día once de xullo deste mes de xullo e prolongaráse atá o 20 de setembro. En total, serán 600 persoas maiores de 18 anos as que levarán a cabo labores de prevención e vixilancia no ámbito territorial das seis comarcas elexidas, entre elas O Carballiño, consideradas como de moi alto risco para os incendios forestais, debido as altas cantidades de biomasa combustible que presentan os montes. Os voluntarios realizarán tarefas complementarias e en ningún momento suplantarán ós equipos profesionais, e consistirán en percorrer camiños e montes para disuadir ós posibles incendiarios, facilitar información á veciñanza sobre as queimas, localizar vertedorios incontrolados, tqarefas de vixilancia e mesmo de apoio loxístico ás "cuadrillas" profesionais.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/comarca-do-carballiño-contará-este-verán-con-voluntarios-que-exercerán-labores-de-vixilancia-e
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/comarca-do-carballiño-contará-este-verán-con-voluntarios-que-exercerán-labores-de-vixilancia-e
[3] whatsapp://send?text=A Comarca do Carballiño contará este verán con voluntarios que exercerán labores de vixilancia e prevención dos incendios forestais http://copecarballino.es/novas/comarca-do-carballiño-contará-este-verán-con-voluntarios-que-exercerán-labores-de-vixilancia-e
[4] http://copecarballino.es/print/42207